Abrir o menú principal

James Watson

biólogo e zoólogo estadounidense, un dos descubridores da estrutura da molécula de ADN
(Redirixido desde "James D. Watson")

James Dewey Watson, nado en Chicago (Illinois) o 6 de abril de 1928, é un biólogo e zoólogo estadounidense, famoso por ser un dos descubridores da estrutura da molécula de ADN, que lle valeu o recoñecemento da comunidade científica sendo galardoado co Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía.

James Watson
Nobel prize medal.svg
James D Watson.jpg
Datos persoais
James Dewey Watson
Nacemento6 de abril de 1928
LugarChicago
NacionalidadeEuprepio
Actividade
Campobiólogo, xenetista, zoólogo, bioquímico, científico, médico, biólogo molecular, académico, catedrático de universidade, químico, físico, escritor e biofisico
Alma máterUniversidade de Indiana, Universidade de Chicago e Universidade de Indiana
Director de teseSalvador Luria
Contribucións e premios
Coñecido porThe Double Helix e Molecular Biology of the Gene
PremiosPremio Nobel de Medicina en 1962
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1947 ingresa na Escola de graduados da Universidade de Indiana, onde traballaba , galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1962 (compartido ese ano con Maurice Wilkins e Francis Crick) polos seus descubrimentos acerca da estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia da información na materia viva. En maio de 1950, á idade de 22 anos, Watson completou o seu doutoramento en Zooloxía. Incorporouse á Universidade Harvard en 1955. Traballou xunto ao biofísico británico Francis Crick no Laboratorio Cavendish, Universidade de Cambridge de 1951 ata 1953. Tomando como base os traballos realizados no laboratorio polo biofísico británico Maurice Wilkins, Watson e Crick desentrañaron a estrutura en dobre hélice da molécula do ácido desoxirribonucleico (ADN). As investigacións proporcionaron os medios para comprender como se copia a información hereditaria. Posteriormente Arthur Kornberg achegou probas experimentais da exactitude do seu modelo. Como recoñecemento aos seus traballos sobre a molécula do ADN, Watson, Crick e Wilkins compartiron en 1962 o Premio Nobel de Medicina. En 1968 foi director do Laboratorio de Bioloxía Cuantitativa de Cold Spring Harbor, Nova York. Escribiu The Double Helix (A dobre hélice, 1968), historia do descubrimento da estrutura do ADN. Participou no proxecto Xenoma Humano nos Institutos Nacionais da Saúde.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
 
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
con ...

1962
Sucesor: