Forte da Ínsua

(Redirección desde «Forte da Insua»)

O Forte da Ínsua é unha fortificación situada na freguesía de Moledo, no concello de Caminha, no distrito de Viana do Castelo, en Portugal.

Forte da Ínsua
Monumento Nacional
ConcelloCaminha
Coordenadas41°51′33″N 8°52′29″O / 41.85916667, -8.87472222Coordenadas: 41°51′33″N 8°52′29″O / 41.85916667, -8.87472222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalabaluartado (1649-1652)
Estilo actual(?)
Estado actualmal conservado
Véxase tamén
Castelos de Portugal
editar datos en Wikidata ]

A insua de Santo Isidro está situada no esteiro do río Miño, a douscentos metros da costa.

Antecedentes editar

Esta pequena illa foi utilizada como lugar de culto. En época cristiá había nela unha pequena ermida, baixo a invocación da Nosa Señora da Ínsua.

O primitivo forte editar

Durante o reinado de Xoán I de Portugal, franciscanos de Galicia ergueron na illa un mosteiro entre os anos 1388 e 1392. Algúns autores datan nesta época a primeira defensa local, coa función de protección da barra do río e dos relixiosos.

O rei Manuel I de Portugal tería reformado e ampliado esa defensa en 1512, ao igual que faría anos máis tardes Filipe I de Portugal. Porén non existen vestixios desas estruturas engadidas.

O forte setecentista editar

 
Un baluarte do Forte da Ínsua.

Situado nunha rexión fronteiriza estratéxica para o acceso a Caminha, a actual estrutura débese ao contexto da Guerra da Restauración da independencia portuguesa, durante o reinado de Xoán IV de Portugal, mandada construír entre 1649 e 1652 por Diogo de Lima.

Reparada e reforzada nos séculos seguintes, foi abandonado até que en 1940 pasou a mans do Ministério das Finanças de Portugal.

Actualmente está en condicións precarias de conservación, rexistrouse a perda dos soportes de madeira dos tellados e das tellas, dos azulexos seiscentistas, das pinturas e das imaxes da capela. A estrutura pode ser visitada polo público, sendo a travesía até a illa feita por pequenas embarcacións locais.

Características editar

O forte presenta planta cuadrangular con baluartes nos vértices. Un revelín protexe o portón de armas. En torno ao terraplén, ao abrigo das murallas, atópanse os depósitos e barracóns da tropa. No centro estarían as edificacións de servizo: Casa de Comando e cuartel da tropa, cociña e capela. Un pozo de auga potable abastecía á gornición, composta por un Gobernador (comandante) e doce prazas, renovadas semanalmente. Ese pozo destaca por se situar no mar, sendo un dos tres únicos existentes no mundo con esa característica.[Cómpre referencia]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar