Folosa de Blyth

En Kolkata, India.


Son da folosa de Blyth.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. dumetorum
Nome binomial
Acrocephalus dumetorum
(Blyth, 1849)

A folosa de Blyth[2] (Acrocephalus dumetorum), é un paxaro da familia dos sílvidos (Sylviidae) que cría en Asia e no leste de Europa.

Descrición editar

É unha folosa de tamaño mediano que mide entre 12,5 e 14 cm. de lonxitude. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e son máis pálidos por debaixo. É doado confundila coa folosa das canaveiras ou fulepa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) e con algunhas folosas do xénero Hippolais. Diferénciase da folosa das canaveiras por teren o lombo máis agrisado, a fronte menos patela e o bico menos forte e afiado. Os dous sexos teñen coloracións idénticas, pero os exemplares novos son máis amarelos na zona ventral.

Na época reprodutora a súa característica máis distintiva e o seu canto, lento e repetitivo, con imitacións do doutras aves e puntuado coas escalas e os asubíos típico das folosas.

Hábitat e distribución editar

A diferenza das folosas das canaveiras non son amigas de viviren nos pantanos, e prefiren claros ou zonas de mato, as miúdo preto da auga. Como pousadeiros para cantar usan árbores e arbustos. Son aves migratorias, que abandonan os seus territorios de cría asiáticos e do leste de Europa para pasa-lo inverno na India e Sri Lanka. Na Europa occidental aparecen só ocasionalmente coma divagantes.

 
Folosa de Blyth no leste de Bengala, India.

Conduta editar

Coma case tódalas folosas aliméntanse de insectos, pero poden apañar outras pezas pequenas de alimento coma as bagas. Fan o niño entre o mato e poñen entre catro e seis ovos.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Acrocephalus dumetorum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar