Abrir o menú principal

Floris III de Holanda

Floris III de Holanda, nado en 1141 e finado en Antioquía o 1 de agosto de 1190, foi conde de Holanda desde 1157 ata 1190.

Floris III de Holanda
Floris III, Count of Holland, by Hendrik van Heessel.jpg
Nacemento1141
 valor descoñecido e A Haia
Falecemento1 de agosto de 1190
 Antioquia
PaiTeodorico VI, Conde da Holanda
NaiSophia of Rheineck
CónxuxeAda de Huntingdon
FillosFlorence of Holland, Guilherme I, Conde da Holanda, Dirk VII, Count of Holland e Ada of Holland
IrmánsOtto, Count of Bentheim, Baldwin II van Holland e Dirk I
editar datos en Wikidata ]
Florent III de Hollande.png

TraxectoriaEditar

Floris era fillo de Dirk VI de Holanda e Sofía de Luxemburgo, condesa de Bentheim. Casou o 28 de setembro de 1162 con Ada de Huntingdon, filla de Henrique de Escocia e irmá do rei Guillerme I de Escocia. Como vasalo do emperador Federico I acompañouno en dúas expedicións a Italia, en 1158 e en 1176-1178. En agradecemento o emperador integrouno na nobreza imperial e deulle os dereitos de peaxe sobre Geervliet, que os condes de Holanda xa viñan realizando, ilegalmente, desde o século XI.

O conde Filipe de Flandres ambicionaba Zelandia e a guerra estoupou entre Flandres e Holanda, os flamengos capturaron a Floris en Bruxas e aceptou a preminencia flamenga en Zelandia en troques da súa liberación en 11167. Durante o seu reinado tamén tivo que facer fronte a unha revolta dos frisóns occidentais. En 1170 un asolagamento devastou o norte, axudando a formar o Zuiderzee.

En 1189 Floris acompañou a Frederick Barbaroxa na Terceira Cruzada. Morreu en 1190 en Antioquía por unha peste e alí foi soterrado.