Flora Veiga

mestra e política galega

Flora Veiga Aldariz, nada en Lugo o 8 de xaneiro de 1938, foi unha mestra e política galega, unha das tres primeiras mulleres en sentar no Parlamento de Galicia (1981-1983).

Flora Veiga
Nacemento8 de xaneiro de 1938
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e política
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestra de profesión, tivo entre os seus destinos Vilalba[1]. Logo pasou a ser inspectora de educación durante os últimos anos do franquismo, e na transición foi nomeada delegada do Ministerio de Educación e Ciencia en Ourense (1976). Posteriormente, a finais de (1977) deixou a delegación ourensá pola luguesa[2].

Nas primeiras eleccións autonómicas o seu nome figurou na terceira posición da lista electoral de UCD por Lugo, e resultou elixida. Foi unha das tres mulleres da Cámara, con Enma González Bermello e Carmen Lovelle. En 1983 presentou a súa renuncia e abandonou a carreira política[3].

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar