Filón de Lárisa

filósofo grego
(Redirección desde «Filón de Larisa»)

Filón de Larisa (grego antigo Φίλων; latín Philo) nado en Larisa, Tesalia, no século -II e finado no século -I) foi un filósofo grego.

Infotaula de personaFilón de Lárisa
Biografía
Nacemento145 a. C. Editar o valor em Wikidata
Lárisa, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte79 a. C. Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Scholarch of the Platonic Academy (en) Traducir
110 a. C. – 88 a. C.
← Clitómaco (pt) TraducirAntíoco de Ascalón → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
MovementoPlatonismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresClitómaco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMarcus Tullius Cicero, Antíoco de Ascalón e Heraclitus of Tyre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Antigo teatro da cidade de Larisa.

Traxectoria editar

Durante quince anos foi discípulo de Clitómaco Asdrúbal, que daquela dirixía a Academia . Sucedeuno no -110 e permaneceu en Atenas ata o -88 Ese ano, debido ás axitacións no país debido á guerra de Mitrídates VI Eupátor, trasladouse a Roma. Alí abriu unha escola de filosofía e oratoria, contando entre os seus alumnos a Cicerón, quen nos fala del en moitas das súas obras.

Numenio de Apamea e Sexto Empírico preséntano como o fundador dunha cuarta Academia[1], baseándose no feito de que Filón de Larisa rectificou o probabilismo ou semiescepticismo no que aquela escola caera en mans de Arcesilao de Pitane e Carnéades.

Filón de Larisa, baixo a influencia do seu mestre Clitómaco, foi nun primeiro momento adversario dos estoicos, ampliando a crítica da súa teoría do coñecemento; pero máis tarde, xa establecido en Roma, tomou unha posición diferente. Supoñía que o pensamento que guiaba a Carnéades e aos seus adictos non difería fundamentalmente do de Platón, e así entendía continuar a obra daqueles, o que levou a un retorno ao dogmatismo. Non negaba que a representación procedese dun obxecto, pero si a posibilidade de demostrar que fose semellante a el.

O criterio da fantasía cataleótica dos estoicos parecíalle inadmisíbel. A súa actitude parece responder ao desexo de evitar as consecuencias do escepticismo absoluto. Ademais, propoñía, na súa filosofía, levar ao home por medios teóricos á felicidade, como o médico o conduce á saúde. As súas ideas sonnos coñecidas por Cicerón, Sexto Empírico, Plutarco, Estobeo e Dióxenes Laercio e outros escritores antigos.

As ideas de Filón de Larisa son sintomáticas, porque responden ao estado de ánimo da época na que conflúen a cultura grega e romana e comeza o eclecticismo.

Notas editar

  1. Hankinsonnome=R. J. (2009). The Sceptics (en inglés). Taylor & Francis. p. p.105. ISBN 0415203538. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar