Festa do cabazo de Cabral

evento gastronómico

A festa do cabazo de Cabral é unha festa gastronómica celebra o 3º domingo de novembro no Colexio Carballal de Cabral (Vigo) dende 1984, organizada pola Asociación Cultural O Coto.

Cabazo

Historia editar

A festa naceu co afán de evitar a perda das tradicións, polo que se quixo recuperar e ensalzar o cabazo como produto alimenticio, recollendo todas aquelas tradicións culinarias do mesmo e dando a coñecer numerosas utilizacións do seu produto estrela: o cabazo.

Consiste na realización e mostra dun certo número de pratos diferentes que se poden facer con cabazo, como o caldo, flans, marmelada, chulas, pan, galletas, pisto, pasteis, empanadas de cabelo de anxo, sopaipillas ou licor de cabazo.

Para os cociñados, todos feitos de xeito artesanal por voluntarios da propia Asociación e outros colaboradores, utilízanse algunhas dependencias do colexio, diversas casas de socios e colaboradores e no día anterior á festa fanse nunha carpa auxiliar que se habilita ó lado da carpa da festa. Nos últimos anos, contan coa grande axuda de dúas panaderías que de xeito totalmente desinteresado, déixanlles empregar os seus fornos.

Utilízanse arredor de douscentos cabazos dunha media duns 40 quilos cada un, doados pola veciñanza e socios da Asociación. Tamén lles ofrecen cabazos doutras parroquias de Vigo e incluso doutros municipios dos arredores.

Para a realización da festa precísase a colaboración dunhas sesenta persoas, tanto para o sábado anterior como para o día da festa. Durante todo o proceso de preparación da Festa do Cabazo, chegan a colaborar ó redor de duascentas persoas diferentes.

Normalmente realízase unha pequena degustación gratuíta dalgúns dos pratos feitos con cabazo.

Prepáranse ademais envases de degustación que tódolos asistentes poden adquirir a prezos módicos ó longo de todo o día.

Tamén poderán facerse coa publicación sobre a Festa do Cabazo, na que se fala do cabazo e as súas cualidades, da Festa do Cabazo e os seus obxectivos e algunhas das receitas que fan.

No día da festa ofrécense actuacións de grupos diversos e pódense ver diversas exposicións. A festa prolóngase ata ó serán.

Durante a Festa pódese ver tamén unha exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar