Ferreiravella, Riotorto

parroquia civil do concello de Riotorto

San Xillao de Ferreiravella é unha parroquia do concello de Riotorto, diocese de Mondoñedo. Segundo o IGE[2], en 2020 tiña 69 habitantes (31 homes e 38 mulleres), distribuídos nos barrios de Ferreira, Soutelo, O Mazo, A Granxa, As Chairas e O Rego de Baixo. Ferreira comprende os lugares da Ribadiña e do Pouxaneiro. Soutelo comprende Soutelo de Riba e Soutelo de Baixo.

Ferreiravella
ConcelloRiotorto[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°18′09″N 7°16′19″O / 43.30247222, -7.27180556
Área5,59 km²
Poboación69 hab. (2020)
Densidade12,34 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Está situada a 5 km das Rodrigas, seguindo a estrada local que comunica a capital do concello co Marco Baixo (A Pastoriza). Limita ó norte coas parroquias de Espasande de Baixo, ó sur coa Órrea, ó leste con Xudán (parroquia do concello da Pontenova) e ó oeste con Aldurfe. Ocupa unha extensión de 5,59 km².

Xeografía

editar

As terras da parroquia de Ferreiravella están regadas polo río do mesmo nome, que corre dende o nacemento no Marco ata chegar á confluencia co río Torto, afluente do río Eo. Nos seus 7 km recibe as augas de varios regos, entre eles o do Roldín, o das Chairas e o da Casanova. Noutro tempo o seu caudal movía numerosas moas, muíños e tres mazos.

O relevo é montañoso, cun val estreito formado polo río que corre entre dous cordais. Salvo O Mazo, que se encontra no fondo do val, o resto das entidades de poboación que o compoñen sitúanse nas lombas dos pronunciados montes que configuran o curso do río. As Toxeiras ó leste, o Corno e As Leivas ó oeste e as Penas do Vilar ó sur constitúen as maiores elevacións a unha altitude de entre 550 e 650 metros.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ferreiravella

editar
Lugares da parroquia de Ferreiravella no concello de Riotorto (Lugo)

As Chairas | A Granxa | O Mazo | O Pouxaneiro | A Ribadiña | Soutelo

Parroquias de Riotorto

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Riotorto

Aldurfe (San Pedro) | Espasande de Baixo (Santa María) | Ferreiravella (San Xillao) | Galegos (Santa María) | A Muxueira (San Lourenzo) | A Órrea (Santa Comba) | Riotorto (San Pedro) | Santa Marta de Meilán (Santa Marta)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar