Fernando Taboada Zúñiga
Fernando Taboada Zúñiga, nado en Monforte de Lemos en 1894 e finado en Sarria en 1982, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 Monforte de Lemos, España |
Morte | 1982 (87/88 anos) Sarria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | José Taboada Zúñiga |
Traxectoria
editarFillo de José Taboada Rodríguez Varela de Temes e Paz Zúñiga Laporte e irmán de José Taboada Zúñiga. Foi nomeado alcalde de Sarria en outubro de 1923. Foi nomeado deputado provincial de Lugo en abril de 1927,[1] e elixido vicepresidente da Deputación de Lugo en maio.[2] Formou parte do Padroado da Misión Biolóxica de Galicia en representación dos agricultores de Sarria.[3] Na República foi elixido concelleiro de Sarria na repetición das eleccións municipais en maio, tomando posesión o 5 de xuño.[4][5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Sarria trala renovación da corporación polo asasinato de Manuel Saco Rivera, tomando posesión o 21 de outubro. Cesou no cargo o 17 de maio de 1939.
Predecesor: Antonio Valiña Somoza |
Alcalde de Sarria 1923 - 1924 |
Sucesor: Fermín Somoza García |
Predecesor: Matías Vázquez Rodríguez |
Alcalde de Sarria 1938 - 1939 |
Sucesor: Manuel López Mosteiro |
Vida persoal
editarCasou con María de los Ángeles Rivera González de la Rocha (1898-1939) e foi pai de María Teresa, Fernando e José Manuel Taboada Rivera.
Notas
editar- ↑ El Ideal Gallego, 3-4-1927, p. 2.
- ↑ El Progreso, 3-5-1927, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 20-2-1931, p. 8..
- ↑ Concello de Sárria (1931)
- ↑ La proclamación en Sarria
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Souto Blanco, María Jesús (1999). Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). Sada: Do Castro. pp. 103–105. ISBN 84-7492-944-X.