Fernando Simón

médico epidemiólogo español

Fernando Simón Soria, nado en Zaragoza o 29 de xullo de 1963, é un médico epidemiólogo aragonés. É director desde 2012 do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade de España, coñecido pola súa actuación como portavoz do comité especial sobre a doenza do virus do ébola en España en 2014[1] e como portavoz do Ministerio de Sanidade durante a pandemia por coronavirus de 2020 en España.[2]

Fernando Simón
Spanish Coronavirus Technical Management Committee press briefing 20 March 20 04 (cropped).jpg
Nome completoFernando Simón Soria
Nacemento29 de xullo de 1963
Lugar de nacementoZaragoza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza e London School of Hygiene & Tropical Medicine
Ocupaciónepidemiólogo
PaiAntonio Simón Ramiro
PremiosCommander plate with the Order of Civil Health
Na rede
Dialnet: 858874
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en medicina na Universidade de Zaragoza e especializouse en epidemioloxía na Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres. Participou no Programa Europeo de Formación en Epidemioloxía de Intervención do Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades antes de ingresar no Corpo de Médicos Titulares do Estado de España.

Exerceu como director do Centro de Investigación en Enfermidades Tropicais de Manhica (Mozambique) e do Hospital de Ntita (Burundi). Dirixiu o programa do Centro Nacional de Epidemioloxía (CNE) de España e coordinou a Unidade de Alerta e Resposta Sanitaria deste centro entre os anos 2003 e 2011.

NotasEditar

  1. "Red Nacional de Vigilancia Epidemiológica: A la caza de nuevos patógenos". El Médico Interactivo (en castelán). 25 de novembro 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2016. 
  2. "Fernando Simón, el supermédico contra el coronavirus: ya le ganó la batalla al ébola y el zika". El Español (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.