Fernando Peralta

futbolista español
(Redirección desde «Fernando Peralta Carrasco»)

Fernando Peralta Carrasco, nado en Ronda o 15 de agosto de 1961, é un exfutbolista español que xogaba de porteiro. Disputou máis de 500 partidos oficiais, a maioría deles entre a Primeira e a Segunda División. Destacou especialmente no desaparecido CD Málaga, no Sevilla e no Castellón, e pechou a súa carreira na SD Compostela.

Fernando
Información persoal
Nome Fernando Peralta Carrasco
Nacemento 15 de agosto de 1961
Lugar de nacemento Ronda
Altura 1,79 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
CD Málaga
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1980 Atlético Malagueño 44 (0)
1980–1986 CD Málaga 131 (0)
1986–1990 Sevilla 80 (0)
1990–1992 CD Málaga 66 (0)
1992–1995 Castellón 109 (0)
1995–1997 Compostela 7 (0)
Selección nacional
1981 España sub-19 4 (0)
1981– España sub-20 4 (0)
1981–1983 España sub-21 3 (0)
Na rede
FIFA: 192593 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do CD Málaga, e tras xogar varios anos no filial debutou co primeiro equipo en decembro de 1980, nun partido de Segunda División contra o Recreativo de Huelva, substituíndo na primeira parte ao lesionado José Luis Burgueña. En 1981 xogou a Copa do Mundo Xuvenil, sendo o porteiro titular en ausencia de Andoni Zubizarreta.

En 1986, despois de case 150 partidos oficiais co Málaga, a maioría deles na Primeira División, asinou co Sevilla FC. Non puido vestir as cores coas que xogara toda a vida, camiseta verde e pantalón e medias brancas, como homenaxe ás cores da bandeira de Andalucía, pois o club prohibiullo debido á rivalidade co Betis.[1] Foi titular durante os dous primeiros anos, pero trala fichaxe do ruso Rinat Dasaev polo equipo sevillano, Fernando quedou relegado á suplencia, o que o fixo regresar ao equipo da súa terra en 1990.

Dous anos despois asinou co CD Castellón, unha vez consumados tanto o declive deportivo como a desaparición do CD Málaga. Disptuou 123 partidos co Castellón durante os seguintes tres anos, e en 1995 fichou pola SD Compostela, de Primeira División. Militou durante un par de tempadas no equipo de Fernando Vázquez sen gozar apenas de minutos de xogo, pois o gardameta titular era Javier Falagán. No Estadio de San Lázaro encaixou un dos goles máis famosos da historia da liga, nun partido contra o FC Barcelona, no que Ronaldo recorreu medio campo caneando a varios xogadores do Compostela ata bater a Fernando.[1] Retirouse en 1997.

Fóra do campo editar

Estudou durante anos no seminario de Málaga e trala súa retirada dedicouse á docencia. Foi ademais delegado do Málaga CF e director deportivo do club, e fíxose adestrador de fútbol, baloncesto, balonmán e voleibol.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Casado, Edu (22 de xuño de 2009). "Qué fue de… Fernando" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  2. "Fernando Peralta: Un maestro dentro y fuera del terreno de juego" (en castelán). 7 de xuño de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2021.