Abrir o menú principal

Fernando Montero Doiztua

enxeñeiro, xornalista e político español

Fernando Montero Doiztua, nado en Oviedo cara 1890, foi un enxeñeiro, xornalista e político español.

Fernando Montero Doiztua
Nacemento1890
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónenxeñeiro, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Enxeñeiro industrial da Compañía Telefónica. Nos anos dez foi director da Oficina Técnica de Lugo. Dirixiu na Coruña o semanario Región Gallega (1924) fundado por José Miñones, fundou e dirixiu a revista Galicia (1924-1926) e a súa continuadora Galicia Gráfica (1926-1929). En 1930 estaba destinado en Sevilla. En 1936 era inspector provincial de traballo en León. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Prisión provincial de Salamanca. Xulgado na Coruña por rebelión, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Foi separado definitivamente do servizo como inspector de traballo en 1938.[1]

Vida persoalEditar

Casou en Sada con Emilia López Correa en 1917.[2] Emilia morreu en Lugo o 19 de outubro de 1918.[3] Fernando volveu casar en León con Josefina de Paz del Río en 1930.[4]

NotasEditar

  1. BOE, 13-6-1938, p. 7.834.
  2. El Progreso, 29-9-1916, p. 2.
  3. El Progreso, 20-10-1918, p. 2.
  4. El Progreso, 23-3-1930, p. 1.

Véxase taménEditar