Galicia (1924)

revista da Coruña (1924-1926)

Galicia foi unha revista editada na Coruña entre 1924 e 1926.

Galicia
PaísEspaña
Lingualingua castelá
Fundación25 de agosto de 1924
Primeira edición25 de agosto de 1924
Última edición1926
Na rede
Galiciana: 577339
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 25 de agosto de 1924.[1] A partir do número 24, de 2 de febreiro de 1925, engade o subtítulo Revista gráfica popular. Fundada e dirixida por Fernando Montero Doiztua.[2] Federico Menéndez era o redactor xefe, Manuel Abelenda Zapata o redactor artístico e José Antonio de Paz, Andrés de Olano e Silva os redactores; Ramón Torrado, Augusto Pórtela e Gabriel García Monelos os colaboraores gráficos. Consta das seccións: femenina, artículos, poesías, nuestros encantiños, exposiciones, dúas páxinas de deportes, e durante a tempada, páxinas e fotografías de corridas de touros. Entre os seus colaboradores figuraron Correa Calderón, Leandro Pita Romero, Eduardo Pérez Hervada, Camilo Bernárdez (Thedy), Wenceslao Fernández Flórez e José Campos Núñez. Ocasionalmente colaboraron Prudencio Canitrot, M. Pedreira, Jenaro G. Catoyra, Sofía Casanova, Juana de Ibarbourou, Concha Espina e L. Puig. Conclúe o 5 de agosto de 1926 para dar paso a Galicia Gráfica.

Notas editar

  1. La Provincia, 23-5-1924, p. 3.
  2. El Regional, 6-7-1926, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar