Fernando Meleiro

avogado e político galego

César Fernando Meleiro Fernández, nado en Ribadavia en 1899 e finado en Ourense o 8 de xullo de 1963, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaFernando Meleiro
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1963 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 346566 BNE: XX1362839

Traxectoria

editar

Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova.[1] Licenciado en Dereito. Foi presidente da Sociedad Cultural Curros Enríquez de Celanova.[2] Colaborou en Galicia. Abriu bufete en Ourense en 1934. Fundador e xefe provincial de Falange de Ourense dende 1934. Foi consejero nacional e xefe territorial de Falange y de las JONS de Galicia.[3] Fuxiu a Portugal para evitar a cadea polas redadas ordenadas polo goberno contra Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi combatente. Foi concelleiro e primeiro tenente-alcalde de Ourense. Despois foi delegado provincial do Ministerio de Vivenda en Ourense. Finou en Ourense o 8 de xullo de 1963.[4]

  • Anecdotario de la Falange de Orense, 1957.

Vida persoal

editar

Casou en Ourense con Elena Muñiz Guerra en 1938[5].

  1. Noticiero de Vigo, 29-7-1913, p. 1.
  2. Vida Gallega, 10-1-1927, p. 24.
  3. Alborada, 25-12-1935, p. 6.
  4. Necrolóxicas en La Región, 8-7-1963, p. 9, 10 e 14.
  5. La Región, 31-5-1938, p. 4.