Galicia. Diario de la mañana
Galicia foi un xornal que se editou en Ourense entre 1930 e 1937.
Galicia. Diario de la mañana | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario de la mañana, apareceu o 15 de xuño de 1930. Fundado por Marcial Ginzo Soto, ao que o suceden na dirección Ricardo Outeiriño, Antonio López Sánchez (1934-1935) e José Rodríguez de Dios (1936). Xornal de orientación calvosotelista, nos comezos baixo as instrucións de Marcial Ginzo Soto, e logo baixo as de Ricardo Outeiriño. Foron os seus redactores Antonio Couceiro Freijomil, Emilio Amor Rolán, Antonio López Sánchez, Celso Cendón, José González Viso, Xavier Prado Lameiro e Alfonso Carballo. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Manuel Luís Acuña, Antonio Noriega Varela, José Adrio Menéndez e Xosé Ramón Fernández-Oxea. Cesou a súa publicación en maio de 1937.[1]
Notas
editar- ↑ La Región, 1-6-1937.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 195–197. ISBN 84-505-5721-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Salgado Sánchez, Rafael Ángel (7/11/2011). "Diario Galicia (Fernando Valcarcel)" (7/11/2011) ourensenotempo.blogspot.com