Antonio López Sánchez

xornalista e político galego

Antonio López Sánchez, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade en abril de 1951[1], foi un xornalista e político galego.

Infotaula de personaAntonio López Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoSantiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1951 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pertencía a Comuñón Tradicionalista, da que foi secretario en Compostela[2]. Cando facía o bacharelato xa publicaba artigos no semanario deportivo Hércules da Coruña. Tamén publicou algúns artigos en Faro de Vigo. Foi redactor de Galicia de Ourense do que foi nomeado director en 1934, cesando en marzo de 1935. Logo pasou a ser redactor-xefe de El Eco de Santiago, tamén foi correspondente de ABC, Alborada e da Axencia Mencheta en Santiago de Compostela. Coa desaparición de El Eco de Santiago pasou a ser redactor de El Correo Gallego e despois de La Noche. Utilizou os pseudónimos Antonio de Altamira e Ignotus (como cronista deportivo).

Vida persoal editar

Casou con Blanca Villar Mosquera.

Notas editar

  1. La Noche, 21-4-1951, p. 5.
  2. El Eco de Santiago, 17-9-1936, p. 2.