Felipe Mesones

futbolista e adestrador arxentino

Felipe Mesones Temperán, nado en Buenos Aires o 9 de febreiro de 1936 e finado en Murcia o 15 de decembro de 2017,[1] foi un futbolista e adestrador arxentino.

Felipe Mesones
Información persoal
Nome Felipe Mesones Temperán
Nacemento 9 de febreiro de 1936
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 15 de decembro de 2017
Lugar de falecemento Murcia
Posición extremo esquerdo
Carreira xuvenil
Boca Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1953 Boca Juniors 5 (0)
1953–1955 San Lorenzo de Almagro
1955–1956 Atlanta
1956–1958 Independente Santa Fe
1958–1963 Murcia 55 (11)
1962 Levante 4 (0)
1963–1966 Hospitalet 64 (5)
1966–1967 Europa 1 (0)
Adestrador
1967–1969 San Telmo
1969–1970 Mahón
1970–1972 Cartagena
1972–1974 Murcia
1975–1976 Tenerife
1976–1977 Elche
1977 Hércules
1978–1980 Salamanca
1981–1982 Elche
1982 Valladolid
1983–1984 Granada
1984–1985 Salamanca
1985–1987 Cartagena
1987–1988 Elche
1989–1991 Murcia
1991–1992 Salamanca
1992 Betis
1993 Valladolid
1994 Hércules
1995–1996 Elche
1996–1997 Murcia
1998 Xerez
2000 Granada
2000 Elche
2001 Cartagonova
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Xogaba de extremo dereito, era rápido, tiña facilidade para o desmarque e un forte golpeo do balón. Comezou a súa carreira futbolística no seu país, militando nas filas do Boca Juniors, o San Lorenzo de Almagro e o Atlanta, pasando logo polo Independente Santa Fe de Colombia, no que xogou unha tempada.[2] A continuación trasladouse a España, onde xogou o resto da súa carreira, pasando polo Real Murcia, Levante, Hospitalet e Europa, retirándose neste último en 1967.

Como adestrador editar

Tras colgar as botas regresou á Arxentina, onde comezou a súa carreira como adestrador dirixindo o San Telmo. A continuación volveu cruzar o océano Atlántico para volver ao fútbol español, no que desenvolveu o resto da súa carreira como técnico durante as seguintes tres décadas.

Tras unha tempada no Mahón, e dúas no Cartagena, de Tercera División, comezou a súa primeira etapa como adestrador do Real Murcia na tempada 1972/1973 da Segunda División. Na súa primeira campaña proclamouse campión da categoría, logrando o ascenso á Primeira División.

Na seguinte tempada conseguiu a permanencia, pero na campaña 1974/75 foi cesado tras 10 xornadas, sendo substituído por Puskás.

Nas seguintes campañas pasou polos bancos do Tenerife, Elxe, Hércules, Salamanca, Valladolid, Granada e Cartagena.

En 1987 comezou a súa terceira etapa no Elche, conseguindo o ascenso a Primeira División tras rematar subcampión de Segunda. Máis tarde pasou dúas tempadas de novo no Murcia, disputando na segunda delas a promoción de ascenso a Primeira, pero sendo derrotado polo Zaragoza.

Posteriormente pasou polo Salamanca (por terceira vez) e polo Betis, antes de comezar a súa segunda etapa no Valladolid, co que conseguiu o terceiro ascenso a Primeira da súa carreira. Nos seguintes anos adestrou varios equipos de Segunda e Segunda B, incluída unha terceira etapa no Murcia, converténdose no adestrador que máis partidos dirixiu no club (196). Pechou a súa carreira na tempada 2001/02 no Cartagonova.

Notas editar

  1. "Luto en el fútbol regional por la muerte de Felipe Mesones". La Verdad (en castelán). 15 de decembro de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2022. 
  2. Diusabá Rojas, Víctor; Ruiz Bonilla, Guillermo (2001). Santa Fe 60 años 1941-2001 (en castelán). Bogotá: Santa Fe Corporación Deportiva. p. 190. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar