Frederico Carlos de Hesse-Kassel

(Redirección desde «Federico Carlos de Hesse-Kassel»)

Frederico Carlos de Hesse-Kassel, nado o 1 de maio de 1868 en Panker, Holstein, Reino de Prusia e finado o 28 de maio de 1940 en Kassel, foi un príncipe alemán de Hesse. Frederico Carlos era fillo do príncipe Frederico de Hesse-Kassel e Ana de Prusia. Foi elixido rei de Finlandia o 9 de outubro de 1918, pero nunca subiu ao trono debido a que Alemaña perdeu a primeira guerra mundial. O emperador Guillerme II de Alemaña era o seu cuñado.

Frederico Carlos de Hesse-Kassel
Rei de Finlandia

Reinado9 de outubro de 1918 -
4 de decembro de 1918
Coroaciónnon se produciu
Nome completoFrederico Carlos de Hesse-Kassel
Outros títulosRei de Karelia, Duque de Åland, Gran Príncipe de Laponia e Conde de Kaleva e o Norte
Nacemento1 de maio de 1868
Panker, Holstein,
Reino de Prusia
Falecemento28 de maio de 1940
(72 anos)
Kassel, Alemaña Nazi Alemaña
ConsorteMargarida de Prusia
Casa realHesse-Kassel
ProxenitoresFrederico de Hesse-Kassel
Ana de Prusia

Escudo de Frederico Carlos de Hesse-Kassel
Na rede
WikiTree: Hessen-Kassel-21

Matrimonio e descendencia editar

Casou coa princesa Margarida de Prusia e tiveron seis fillos, todos varóns.

Na época da voda, o príncipe Frederico Carlos non era aínda a cabeza da Casa de Hesse-Kassel. Este título foille outorgado cando o seu irmán máis vello Alexandre Frederico abdicou para casar cunha plebea. O trato do príncipe Frederico foi ascendido ao de Alteza, en canto o de Margarida o foi ao de Alteza Real.

Os seus fillos foron (houbo dous pares de xemelgos):