Federación Europea de Asociacións Numismáticas Profesionais

asociación empresarial do sector numismático

A Federación Europea de Asociacións Numismáticas Profesionais -FENAP- (en inglés: Federation of European Numismatic Trade Associations; en alemán: Föderation Europäischer Münzenhändlerverbände; en francés: Fédération Européenne des Associations de Numismates Profesionnels), fundada en 1991, é unha organización internacional que agrupa as asociacións de numismáticos profesionais (comerciantes) pertencentes a 12 países europeos.[1][2]

Os países representados son todos eles da Europa Occidental, xa que os países da Europa do Leste carecen de asociacións nacionais de profesionais numismáticos que poidan afiliarse á FENAP.[3]

O seu presidente é Ulrich Künter, quen substituíu no cargo a Hubert Lanz en 2017, e o seu secretario é Michael Becker (datos de abril de 2019).[1][4]

Os representantes da federación manteñen un ou dous encontros anuais para tratar os asuntos relativos ao comercio numismático nos seus respectivos países, habitualmente relacionados coas restricións comerciais á importación e exportación de bens culturais, e coa loita contra as falsificacións e o branqueamento de capitais. Con frecuencia, o foro para estes encontros é a Feira Mundial do Diñeiro (World Money Fair), en Berlín.[3][5]

En 2012, a FENAP presentou unha demanda ante o Tribunal Federal de Finanzas alemán, sobre o regulamento da Unión Europea acerca das licenzas de exportación de moedas.[6]

Membros da FENAPEditar

Esta é unha listaxe das asociacións dos 12 países europeos membros da FENAP:[7][8]

  AlemañaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Berufsverband des Deutschen Münzenfachhandels (BDM)
"Asociación Profesional do Comercio de Moedas de Alemaña" web
  • Verband der Deutschen Münzenhändler (VDDM)
"Asociación de Comerciantesde Moedas Alemáns" web

  AustriaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Verband Österreichischer Münzenhändler (VÖM)
"Asociación de Comerciantes de Moedas de Austria" web

  Bélxica
  Luxemburgo
Editar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Association Belgo-Luxembourgeoise de Numismates Professionnels (ABLNP)
"Asociación Belgo-luxemburguesa de Numismáticos Profesionais"

  DinamarcaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Monthandler-Sammenslutningen af 1975 (MSA-75)
"Asociación Monthandler de 1975"

  EspañaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Asociacion Española de Numismáticos Profesionales (AENP)
"Asociación Española de Numismáticos Profesionais" web

  FranciaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Syndicat National des Experts Numismates et Numismates Professionnels (SNENNP)
"Sindicato Nacional de Expertos Numismáticos e Numismáticos Profesionais" web

  Reino Unido
  Irlanda
Editar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • British Numismatic Trade Association (BNTA)
"Asociación Británica de Comercio Numismático" web

  Países BaixosEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Nederlandse Vereniging van Munthandelaren (NVMH)
"Asociación Holandesa de Comerciantes de Moeda" web

  SueciaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Sveriges Mynthandlares Förening (SMF)
"Asociación de Comerciantes de Moedas de Suecia" web

  SuízaEditar

Nome orixinal Nome en galego Ligazón
  • Verband Schweizer Berufsnumismatiker (VSBN)
"Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos" web

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Welcome!". No sitio web da FENAP.
  2. Ficha da FENAP. Union of International Associations.
  3. 3,0 3,1 "20 years FENAP – 20 years in the European coin collectors’ service Arquivado 09 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En CoinsWeekly.
  4. "Handover at the FENAP Arquivado 09 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En CoinsWeekly.
  5. "FENAP Conference at World Money Fair 2008 on February 2nd.". No sitio web da FENAP (arquivado).
  6. "Verhandlung am Bundesfinanzhof zum Thema Ausfuhrgenehmigung bei Münzen Arquivado 21 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En MünzenWoche.
  7. "Mitgliedsverbände / Members / Membres". No sitio web da FENAP.
  8. "FENAP. Federación Europea de Aociaciones de Numismáticos Profesionales". Asociación Española de Numismáticos Profesionales.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar