Fagales

(Redirección desde «Fagais»)
Fagales

Unha faia (Fagus sylvatica)
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Fagales
Engl.[1]
Familias

Fagales (Fagais) é unha orde de anxiospermas (plantas con flores), que inclúe algunhas das árbores máis coñecidas, entre as que se atopan, por exemplo, as principais especies silvícolas de Galiza. O nome da orde deriva do xénero: Fagus, o das faias. Pertence á subclase Rosidae encadrada no grupo das dicotiledóneas. Actualmente Fagales inclúe es familias e xéneros a seguir:

Sistemáticas máis vellas soamente incluían catro familias (Betulaceae, Corylaceae, Fagaceae, Ticodendraceae; Corylaceae agora inclúese dentro de Betulaceae); as outras familias incluíanse en tres ordes diferentes entre as Hamamelidae. A orde Casuarinales comportaría unha única familia: Casuarinaceae, a orde Juglandales comportaría as familias Juglandaceae e Rhoipteleaceae, e a orde Myricales comportaría as demais familias (ademais da Balanops).

Notas editar

  1. Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2017. Consultado o 2013–07–06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar