Fábula praetexta

(Redirixido desde «Fabula praetexta»)

No teatro romano antigo, a fábula praetexta ou praetextata era un drama serio sobre temas de historia nacional que tiña como protagonistas a herois e dirixentes romanos que vestían a praetexta, a toga solemne bordada en púrpura dos altos maxistrados.

O xénero foi inventado por Nevio no século II a.C. Nevio é o autor de Clastidium e de Romulus. Outros autores de fabula praetexta foron Pacuvio e Accio. A única praetexta conservada é a Octavia, atribuída a Séneca e que trata do divorcio de Nerón da princesa Octavia, filla de Claudio e Valeria Messalina e o seu posterior matrimonio con Poppaea Sabina.