Nevio
Gneo Nevio, nado o -261 e finado o -201, foi un escritor romano.
Nevio | |
---|---|
Nome completo | Cnaeus Naevius |
Nacemento | 275 a. C. |
Lugar de nacemento | ancient Capua |
Falecemento | 201 a. C. |
Lugar de falecemento | Útica |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | poeta, dramaturgo e escritor |
Pai | valor descoñecido |
Nai | valor descoñecido |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Compuxo traxedias, comedias e un poema épico en saturnios: a Guerra Púnica (Poenicum Bellum). Considéraselle o creador da épica nacional romana, só precedido pola tradución da Odisea de Homero que realizou Livio Andrónico.
Sobre a súa orixe, especulouse que podería nacer nunha das comunidades latinas da Campania, pero como se sabe que había unha gens plebea Nevia en Roma, o máis probábel é que nacese en Roma, como cidadán romano. Serviu na Primeira Guerra Púnica.
A súa carreira como autor dramático comezou en -235, e continuou durante 30 anos. Cara ao seu final, incorreu na hostilidade de parte da nobreza, en especial dos Metelos, polos ataques que lles dirixiu desde a escena, polo que foi encarcerado. En prisión escribiu dúas obras, nas que pediu perdón pola súa anterior grosería, e foi liberado por intervención dos tribunos da plebe, retirándose a continuación a Útica. Durante este exilio, debe ser cando escribiu o seu poema sobre a guerra púnica, xa retirado da actividade dramática.
A diferenza de Livio Andrónico, era romano e non grego; era un escritor orixinal, e non un mero tradutor e adaptador de obras gregas. Aínda que tamén adaptou traxedias e comedias gregas, desviouse do modelo orixinal, creando a fabula praetexta, ou drama nacional.