Federación Obrera Tucumana de la Industria del Azúcar

sindicato arxentino
(Redirección desde «FOTIA»)

A Federación Obrera Tucumana de la Industria del Azúcar (FOTIA) é, na Arxentina, o principal sindicato de traballadores do azucre da Provincia de Tucumán, fundado en 1944. Está organizado como unha entidade de segundo grao, é dicir unha federación de sindicatos autónomos organizados por enxeño. Está afiliada á Confederación General del Trabajo (CGT).

Federación Obrera Tucumana de la Industria del Azúcar
Tiposindicato
Data de fundación1946
PaísArxentina
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A FOTIA foi creada en 1944, un período histórico no que Juan Domingo Perón era Secretario de Traballo e caracterizouse pola sanción de importantes leis laborais e a ampliación da sindicalización a sectores antes desorganizados, entre eles os traballadores do azucre. A FOTIA organizouse dese modo como un dos sindicatos máis importantes e combativos do sindicalismo nacionalista laborista que deu orixe ao peronismo.

O 15 de outubro de 1945 a FOTIA declarou unha folga para esixir a liberdade de Perón, que fora detido por un golpe de estado militar, que se constituíu no antecedente directo das grandes mobilizacións obreiras do 17 de outubro de 1945, coñecidas como Día da lealdade, que obtiveron a liberación de Perón.

Nas eleccións presidenciais de 1946, nas que resultou gañador Perón, a FOTIA foi a base da organización do Partido Laborista na provincia, obtendo a maior porcentaxe de votos do país, polo que foi chamada a chave do Norte. Nesa época os dirixentes de FOTIA ocuparon importantes lugares no Estados e como deputados e senadores. Algúns dos dirixentes desa etapa foron: Celestino Valdéz, Manuel Lema, Lorenzo Rivarola e Luís René Villacorta.[1]

En 1947 os sindicatos de traballadores do azucre de Jujuy e Salta incorporáronse á FOTIA, transformándoa de feito, por entón, nun sindicato único nacional, formado por 64 sindicatos locais cun total de 130.000 asociados[1]

A FOTIA demostrou unha gran independencia política e sindical. En 1948, disolto o Partido Laborista liderou a creación, cos demais sindicatos tucumanos, da Fronte Obreira Peronista Revolucionario, por fóra do Partido Peronista.[2]

Durante o goberno peronista (1946-1955), en marzo e outubro de 1949, a FOTIA organizou importantes folgas, enfrontándose co goberno que declarou ilegais as folgas, interveu a federación e encarcelou a moitos dos seus dirixentes.

Durante o goberno radical de Arturo Illia (1963-1966), a FOTIA organizou unha gran movilziación contra os patróns que debían unha zafra completa. O movemento foi severamente reprimido causando varios mortos, e o goberno encarcerou ao seu secreterio xeral, Atilio Santillán aplicando o Plan Conintes, que permitía "militarizar" os conflitos sociais.[3]

Durante a ditadura militar coñecida como Revolución Arxentina, producíronse peches de gran cantidade de enxeños en Tucumán. A FOTIA organizou como resposta grandes folgas que conmoveron o país e que foron cruentamente reprimidas. Nesas loitas destacouse como dirixente Atilio Santillán, quen resultaría detido-desaparecido dous días antes do golpe de estado do 24 de marzo de 1976, co que se iniciou o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983). Toda a dirección da FOTIA, con excepción do seu secretario de Prensa, Rafael Desantis, resultou desaparecida durante a Guerra sucia.

FOTIA na cultura editar

A película El rigor del destino, do director Gerardo Vallejo e actuacións de Carlos Carella, ten como tema as loitas sindicais de FOTIA.

FOTIA tamén produciu "Testimonios de Tucumán", unha serie de 26 películas de 20 minutos cada unha que transmitía a Canle 10 da Universidade Nacional de Tucumán que foron destruídas pola ditadura militar en 1976.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "cosas en su lugar. Disciplinamiento y verticalización en el peronismo tucumano (1949-1951), por Gustavo Rubinstein (Universidade Nacional de Tucumán)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 16 de novembro de 2007. 
  2. Vid. nota anterior
  3. "A 40 años de la caída de Illia: ¿Qué hiciste aquel 28 de junio de 1966, papá?, Causa Popular, 3 de xullo de 2006". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2007. Consultado o 16 de novembro de 2007. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Godio, Julio (2000). Historia del movimiento obrero argentino (1870-2000), 2 Tomos. Buenos Aires: Corregidor. 950-05-1319-6. 
  • Rubinstein, Gustavo (1998). Las cosas en su lugar. Disciplinamiento y verticalización en el peronismo tucumano (1949-1951). Historiapolítica.com. (Consultada en liña o 17-Maio-2007). 
  • Siviero, Fernando (Agosto 2001). Trabajadores del sistema agroazucarero tucumano. Una visión desde el debate “trabajadores nuevos - trabajadores viejos”. 5º Congreso Nacional de Estudios del Trabajo. (Consultada en liña el 17-Maio-2007).