A Federación Europea de Asociacións Numismáticas Profesionais -FENAP- (en inglés: Federation of European Numismatic Trade Associations; en alemán: Föderation Europäischer Münzenhändlerverbände; en francés: Fédération Européenne des Associations de Numismates Profesionnels), fundada en 1991, é unha organización internacional que agrupa as asociacións de numismáticos profesionais (comerciantes) pertencentes a 12 países europeos.[1][2]
Os países representados son todos eles da Europa Occidental, xa que os países da Europa do Leste carecen de asociacións nacionais de profesionais numismáticos que poidan afiliarse á FENAP.[3]
O seu presidente é Ulrich Künter, quen substituíu no cargo a Hubert Lanz en 2017, e o seu secretario é Michael Becker (datos de abril de 2019).[1][4]
Os representantes da federación manteñen un ou dous encontros anuais para tratar os asuntos relativos ao comercio numismático nos seus respectivos países, habitualmente relacionados coas restricións comerciais á importación e exportación de bens culturais, e coa loita contra as falsificacións e o branqueamento de capitais. Con frecuencia, o foro para estes encontros é a Feira Mundial do Diñeiro (World Money Fair), en Berlín.[3][5]
En 2012, a FENAP presentou unha demanda ante o Tribunal Federal de Finanzas alemán, sobre o regulamento da Unión Europea acerca das licenzas de exportación de moedas.[6]
Membros da FENAP
editar
Esta é unha listaxe das asociacións dos 12 países europeos membros da FENAP:[7][8]
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Berufsverband des Deutschen Münzenfachhandels (BDM)
|
"Asociación Profesional do Comercio de Moedas de Alemaña"
|
web
|
- Verband der Deutschen Münzenhändler (VDDM)
|
"Asociación de Comerciantesde Moedas Alemáns" |
web
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Verband Österreichischer Münzenhändler (VÖM)
|
"Asociación de Comerciantes de Moedas de Austria" |
web Arquivado 10 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Association Belgo-Luxembourgeoise de Numismates Professionnels (ABLNP)
|
"Asociación Belgo-luxemburguesa de Numismáticos Profesionais" |
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Monthandler-Sammenslutningen af 1975 (MSA-75)
|
"Asociación Monthandler de 1975" |
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Asociacion Española de Numismáticos Profesionales (AENP)
|
"Asociación Española de Numismáticos Profesionais" |
web
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Syndicat National des Experts Numismates et Numismates Professionnels (SNENNP)
|
"Sindicato Nacional de Expertos Numismáticos e Numismáticos Profesionais" |
web
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- British Numismatic Trade Association (BNTA)
|
"Asociación Británica de Comercio Numismático" |
web
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Nederlandse Vereniging van Munthandelaren (NVMH)
|
"Asociación Holandesa de Comerciantes de Moeda" |
web
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Sveriges Mynthandlares Förening (SMF)
|
"Asociación de Comerciantes de Moedas de Suecia" |
web
|
Nome orixinal
|
Nome en galego
|
Ligazón
|
- Verband Schweizer Berufsnumismatiker (VSBN)
|
"Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos" |
web
|
Véxase tamén
editar