Física o química
Física o química foi unha serie de televisión xuvenil producida por Ida y Vuelta Producciones e emitida por Antena 3 entre o 14 de febreiro de 2008 e o 13 de xuño de 2011, cun total de sete tempadas.
Nun primeiro momento a serie denominouse Empezar de cero, pero definitivamente Antena 3 decantouse polo nome Física o química, xa que fai unha clara alusión ao amor, ás decisións da vida.
O impacto de Física o Química é considerable, non só porque goza dunha boa acollida por parte do público, senón tamén da crítica, gañando o Premio Ondas 2009 á mellor serie española.[1] Ademais, a serie cruzou fronteiras para chegar ata Francia, onde se emite cun grande éxito de audiencia en NRJ 12, baixo o título de Physique ou Chimie. A súa emisión en México e Estados Unidos é a través da canle 52MX, os mércores ás 16:00 h. (hora centro).
Física o Química despediu a súa cuarta tempada o mércores 16 de decembro de 2009, liderando a súa franxa con claridade e batendo marca absoluta.[2]
A quinta tempada, que tan só contará con 9 capítulos, empezou a gravarse o 1 de marzo de 2010 e incorporou a seis novos actores, debido á marcha de varios dos protagonistas.[3][4][5] A serie tamén conta cunha nova cabeceira interpretada por El Sueño de Morfeo[6]. O primeiro capítulo foi preestreado o 5 de maio de 2010 no Cine Kapitol de Madrid, e a súa estrea en televisión foi o martes 11 de maio ás 22:30 h.
A 6ª tempada, estreada o 15 de setembro de 2010, contou cunha nova cabeceira interpretada por Angy Fernández. O último capítulo emitiuse o 14 de decembro de 2010. A sétima tempada da serie foi estreada o 5 de maio de 2011 e acabou para sempre o 13 de xuño.
Sinopse
editarA serie relata a vida nun instituto de Educación Secundaria, o instituto Zurbarán, dende o punto de vista de profesores e alumnos. A historia comeza coa morte por suicidio dun dos personaxes Rubén, irmán de Julio, por mor dunha carga na conciencia do rapaz, que días atrás fora partícipe dunha festa con drogas e alcol, no que violaron a unha rapaza. Ademais, un novo curso comeza no colexio Zurbarán, onde un grupo de profesores novatos se enfrontan á dura tarefa da docencia. A relación amorosa entre un alumno e unha profesora (Isaac e Irene), a vida en parella, a homofobia e o racismo, ou o sexo serán as liñas temáticas que a serie seguirá na súa primeira tempada.
Personaxes
editarAlumnos do Zurbarán
editar- Andrea Duro é Yolanda "Yoli" Freire Caballar. (T1-T7)
- Javier Calvo é Fernando "Fer" Redondo Ruano. (T1-T7)
- Sandra Blázquez é Alma Núñez Fontevilla. (T3-T7)
- Adrián Rodríguez é David Ferrán. (T3-T7)
- Nasser Saleh é Rashid Lorente Arco / Román. (T5-T7)
- Lucía Ramos é Teresa Parra Lebrón. (T5-T7)
- Àlex Batllori é Álvaro. (T5-T7)
- Lorena Mateo é Daniela Vaquero Castiñeira. (T6-T7, recorrente T5)
- Álex Hernández é Jon. (T6-T7)
- Álex Martínez é Salvador "Salva" Quintanilla. (T6-T7)
Persoal do Zurbarán
editar- Ana Milán: é Olimpia Díaz Centeno, profesora de Inglés e ex-directora. (T1-T7)
- Marc Clotet: é Vicente Vaquero Castiñeira, profesor de Educación Física e máximo accionista do colexio. (T4-T7)
- Olivia Molina: é Verónica Lebrón Cervantes, profesora de Lingua e Literatura e nai de Teresa. (T5-T7)
- Enrique Arce: é Arturo, profesor de Bioloxía e médico do instituto. (T6-T7)
- Fernando Andina é Enrique. Director do colexio Zurbarán e profesor de Historia. (T7)
- Sabrina Garciarena é Sara. Profesora de Filosofía. (T7)
- Juan Pablo Di Pace é Xavi. Profesor de Arte. (T7)
- Marcos Gracia é Carlos. Novo xefe de estudos. (T7)
Recorrentes
editar- Farah Hamed: é Fátima. Nai de Román. (T6-T7)
- Andrea Dueso: é Susana. Ex-noiva de David. (T7)
Abandonaron a serie
editar- Michel Gurfi como Jonathan. Antigo profesor de Ximnasia. Marchou a México para estar coa familia. (T1)
- Xavi Mira como Félix. Ex-profesor de Música. Pai de Darío. Deixou o Zurbarán logo da infidelidade de Olimpia. (T1-T2; esporádico T3 e T5)
- Karim El-Kerem como Isaac Blasco Prieto [†]. Irmán de Paula. Morreu nun accidente de quad. (T1-T2)
- Michel Brown como Miguel Belaza. Ex-profesor de Tecnoloxía e Teatro. Deixa Madrid por romper a súa amizade con Irene e Blanca. (T2)
- Andrés Cheung como Jan Taeming. Vaise a China tras o enterro de Isaac. (T1-T2)
- Joaquin Climent como Adolfo Madrona. Ex-xefe de estudos e pai de Roque. Deixa o Zurbarán para dedicarse a escribir. (T1-T4)
- Irene Sánchez como Violeta Cortés Calvo. Sobriña de Irene. Vaise a un internado por decisión da súa nai. (T3-T4)
- Oscar Sinela como Joaquín "Quino". Vaise do Zurbarán tras confesar ser culpable de infiltrar alcol nunha festa. (T3-T4)
- Cecilia Freire como Blanca Román. Deixa o Zurbarán despois de que Martín deixásea plantada no altar. (T1-T4)
- Blanca Romero como Irene Calvo. Vaise a Nova York para validar o seu matrimonio con Thomas. (T1-T4)
- Maxi Iglesias como César Cabano Vera. Vaise a Inglaterra para dedicarse ao fútbol. (T1-T5)
- Bart Santana como Roque Madrona. Antigo profesor de Arte. Marcha a Londres para estar coa súa filla enferma. (T1-T5)
- Leonor Martín como Covadonga "Cova" Ariste Espinell. Márchase a Alacant para máis tarde volver ao parto de Paula. Finalmente vólvese a Alacant con Julio. (T1-T3; recorrente T5-T6)
- Gonzalo Ramos como Julio de la Torre Reig. Márchase a Alacant con Cova. (T1-T6)
- Álex Barahona como Alberto "Berto" Freire. Irmán de Yoli. Vaise do Zurbarán para dedicarse á cociña. (T3-T6; recorrente T2)
- Nuria González como Clara Yanes. Antiga xefa de estudos logo de Adolfo. Nai adoptiva de Roman e Ruth. Deixa o Zurbarán para estar con Ricardo tras a morte da súa nai. (T1-T6)
- Adam Jezierski como Gorka Martínez. Pai de Isaac Jr. Vaise con Paula a empezar de novo unha vida xuntos. (T1-T4; recorrente T5-T6)
- José Manuel Seda como Martín Aguilar. Ex-director do Zurbarán. Pai de María. Vaise do Zurbarán tras presentar a súa dimisión. (T3-T6)
- Úrsula Corberó como Ruth Gómez. Filla adoptiva de Clara e medio irmán de Román. Vaise a estudar Deseño en Barcelona. (T1-T6)
- Angy Fernandez como Paula Blasco Prieto. Irmá de Isaac. Nai de Isaac Jr. Vaise con Gorka a realizar o seu soño de cantar. (T1-T6)
- Cristina Alcázar como Marina Conde. Profesora de filosofía. Vítima do VIH. (T5-T6)
- Sergio Mur como Jorge. Profesor de arte. (T6, recorrente T5)
Audiencias
editarTempada | Capítulos | Espectadores | Share |
---|---|---|---|
Primeira | 1-8 | 3 186 000 | 18,2% |
Segunda | 9-22 | 3 047 000 | 17,3% |
Terceira | 23-33 | 3 032 000 | 17,0% |
Cuarta | 34-47 | 2 977 000 | 17,6% |
Quinta | 48-56 | 2 599 000 | 15,5% |
Sexta | 57-70 | 2 172 000 | 12,3% |
Sétima | 71-77 | 1 737 000 | 10,7% |
Premios
editar- Mención especial TV no Festival Internacional de TV e Cine Histórico Reino de León para Ana Milán, Olimpia.
- Premio Ondas 2009 á Mellor serie española, por "a súa capacidade para conectar co público novo e adaptarse ao desenvolvemento multiplataforma dos contidos".
- Premio Shangai 2009 á Mellor serie.
- Premio Novo 2009 da denominación de orixe da Mancha ás actrices da serie: Blanca Romero, Angy Fernández e Úrsula Corberó.
Notas
editar- ↑ 'Física o Química', 'Fama ¡a bailar!' e Jorge Javier Vázquez gañan o premio Ondas
- ↑ 'Física o Química' despide tempada con récord de espectadores
- ↑ [1]
- ↑ Maxi Iglesias abandona "FoQ"
- ↑ "'Física o Química': a marcha de Gorka, a gran sorpresa do primeiro capítulo". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2010. Consultado o 12 de maio de 2010.
- ↑ 'El Sueño de Morfeo en "FoQ"'