Sergio Mur

actor español

Sergio Mur López, nado en Madrid o 23 de maio de 1977,[1] é un actor español.

Infotaula de personaSergio Mur

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1305928 Allocine: 420618 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En decembro de 2013 rodou a película inglesa Shooting for Socrates[2] dando vida ao famoso futbolista brasileiro Sócrates, dirixida por James Erskine e producida por New Black Films.

A finais do verán de 2013 acabou a gravación de Gran Reserva: El Origen, [3]onde daba vida a Roberto, para TVE que se emitiu nas sobremesas de forma diaria e que supón un spin off de Gran Reserva remontándose a 45 anos atrás. Comezou o 2013 representando Antígona de Jean Anouilh, nova produción do Teatro Español baixo a dirección de Rubén Ochandiano, onde interpreta a Hemón.[4]

En 2012 protagoniza a comedia teatral Cuatro estaciones y un día [5]dirixida por Miguel Ángel Cárcano no Teatro Lara de Madrid, España.

En 2011, Sergio participa na gravación da serie Los misterios de Laura e na segunda tempada da serie 14 de abril. La República, baixo a dirección de Salvador García, Gracia Querejeta, e Manuel Martín Cuenca, entre outros; dando vida a León Caneda.

Protagonizou a miniserie dirixida por Fernando Colomo, El pacto. Participou tamén nas series: Física o química, actuación pola que gañou o premio Shangay Express á Mellor interpretación en televisión de 2010, Sin tetas no hay paraíso, Cuéntame como pasó, SMS, Aída[6], Impares, El Comisario, Los protegidos, Las chicas del cable o La tira entre outras. Tamén presentou o programa infantil Los Lunnis en 2004/05.

No teatro destaca a súa participación na versión española da obra Closer de Patrick Marber, tamén en The Flying Circus: los mejores sketches de los Monty Python, Moliére x 2: La escuela de los maridos y las preciosas ridículas ou o recoñecido texto do teatro arxentino escrito por Patricia Zangaro, A propósito de la duda.[7]

Vida persoal editar

A súa parella éa actriz Olivia Molina e teñen dous fillos, Vera (2012) e Eric (2015).[8]

Traxectoria editar

Cinema editar

Ano Longametraxe Personaxe Director/a
2005 Interior (noche) Álex Miguel Ángel Cárcano
2014 Shooting for Socrates Sócrates James Erskine
2018 El aviso David Daniel Calparsoro

Televisión editar

Series editar

Ano Serie Cadea Personaxe Notas
2002-2003 20tantos Telecinco Manu 5 episodios
2003 El Comisario Telecinco Suso 1 episodio
2005 Un paso adelante Antena 3 Carlos 1 episodio
2006-2007 SMS (Sin Miedo a Soñar) La Sexta Pedro 85 episodios
2007 Maitena: Estados alterados La Sexta 1 episodio
2008 Impares Antena 3 1 episodio
2008 Sin tetas no hay paraíso Telecinco Soria 12 episodios
2008-2009 Arrayán La Sexta Alberto 15 episodios
2009 La Tira La Sexta 1 episodio
2009 Bicho malo, nunca muere La Sexta 1 episodio
2009-2010 Cuéntame como pasó La 1 Javier 7 episodios
2010 Física o química Antena 3 Jorge 21 episodios
2010 El pacto Telecinco Marcos 2 episodios
2010 Los protegidos Antena 3 2 episodios
2011 Aída Telecinco Martín 1 episodio
2013 Gran reserva. El origen La 1 Roberto Vega 82 episodios
2014 Reina de corazones Telemundo Fernando San Juan "El Supremo" 103 episodios
2014 Los misterios de Laura La 1 Daniel Molina 1 episodio (El misterio del pasajero preocupado)
2015-2017 El señor de los cielos Telemundo Tim Rawlings 1 episodio
2017 Las chicas del cable Netflix Mario Pérez 16 episodios
2017 La que se avecina Telecinco Guillermo Alcázar 1 episodio
2017 Ella es tu padre Telecinco Damián "Dami" Jiménez Traver 1 episodio
2017-2018 Papá a toda madre Televista Jorge Turrubiates Ibáñez 96 episodios
2018-2019 14 de abril. La República La 1 León Caneda 7 episodios
2019 Hospital Valle Norte La 1 Jon Mercero 10 episodios
2019 Doña Flor y sus dos maridos Televisa Teodoro Hidalgo Flores 70 episodios
2019-2020 Servir y proteger La 1 Miguel Herrera Ramos 257 episodios
2020 Memorias de Idhún Netflix Kirtash (Voz) 10 episodios

Programas editar

Ano Serie Cadea Personaxe
2004 Especial Noiteboa con Los Lunnis La 1 Presentador
2004-2005 Los Lunnis La 1 Presentador
2010 El Club del Chiste Antena 3 Cameo

Teatro editar

Ano Obra Personaxe Director
2003 El Madrid de Alatriste y de los Literatos (teatro de calle) Varios Javier Lago
2004 A propósito de la duda de Patricia Zangaro Xove da lata de sardiñas Manuel Callau (actor e director arxentino)
2005 Molière x 2: La escuela de los maridos y las preciosas ridículas Valerio e LaGrange Adrián Daumas
2005-2006 The Flying Circus: Los mejores sketches de los Monty Python Varios (protagonista) Santiago Sánchez (L'Om Imprebis) e JOe O'Curneen (Yllana)
2006-2007 Closer de Patrick Marber Dan Wolf Mariano Barroso
2012 4 estaciones y 1 día Manuel Miguel Ángel Cárcano (cineasta)
2013 Los mejores sketches de los Monty Python Varios (principalmente as personaxes interpretadas por John Cleese) Yllana e L'Om Imprebis
2013 Antígona de Jean Anouih Hemón Rubén Ochandiano e Carlos Dorrego

Outros editar

  • 2011 Invitado no programa de Telecinco Pasapalabra presentado por Christian Gálvez Montero. Xunto con Ana Milán, Rocío Madrid e Jorge Sanz.
  • 2011 CINEJOVEN Málaga. Poñente nas xornadas xunto a Javier Godino e Nuria Gago.
  • 2010 Gala clausura CINECULPABLE (Vilareal). Metre de cerimonias.
  • 2009 Gala de Clausura Festival La Vila de Valladolid. Co-presentador.
  • 2009 Gala entrega de premios Cosmopolitan TV. Mestre de cerimonias.
  • 2009 Videoclip AYER Y HOY do grupo Disserta. Dir: Álvaro de la Hoz. Burbuja Films.
  • 2004 Participante na creación de TXI (Teatro x la Identidad España) Ciclo teatral inaugurado no teatro Nuevo Alcalá de Madrid, coa obra A propósito de la duda.

Premios editar

Ano Categoría Traballo Resultado
2009 Mellor Actor de curtametraxe no Festival Villamayor de Santiago 0,8 miligramos (curtametraxe) Nomeado
2010 Shangay Express á mellor interpretación en TV Física o Química (serie de televisión) Gañador
2012 Best Acting The Cambridge International Student Film Festival 3,2 (lo que hacen las novias) (curtametraxe) Nomeado e finalista o elenco completo
2015 Premio Tu Mundo ao mellor actor de repartición Reina de corazones (telenovela estadounidense) Nomeado
2018 Premios TV e Novelas ao mellor actor de repartición Papá a toda madre (telenovela mexicana) Gañador

Notas editar

  1. "Sergio Mur". Bekia. Consultado o 18/07/2022. 
  2. "Shooting for Socrates". IMDb. Consultado o 18/07/2022. 
  3. "Sergio Mur y Álex Barahona también estarán en 'Gran Reserva. El origen'". RTVE. Consultado o 18/07/2022. 
  4. "Antígona". Teatro Español y Naves del Español (en castelán). Consultado o 2022-11-26. 
  5. "ENTREVISTA AL ACTOR SERGIO MUR". Los Interrogantes. Consultado o 18/07/2022. 
  6. "Sergio Mur protagoniza este domingo un cameo en 'Aída'". Bekia. Consultado o 18/07/2022. 
  7. "Sergio Mur: "Mi personaje no es un trepa, quiere hacer las cosas bien"". El País. Consultado o 18/07/2022. 
  8. "Olivia Molina y Sergio Mur disfrutan de su bebé paseando por la Milla de Oro de Madrid". Antena 3. Consultado o 18/07/2022.