Ezekiel Kemboi

atleta kenyano

Ezekiel Kemboi Cheboi, nado en Matira o 25 de maio de 1982, é un atleta kenyano especializado na disciplina dos 3.000 metros obstáculos, acadando o título mundial da especialidade nos mundiais de Berlín en 2009 e Daegu en 2011, así como o campionato nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e Londres 2012.

Infotaula de personaEzekiel Kemboi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Ezekiel Kemboi Cheboi Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Marakwet District, Kenya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeKenya Editar o valor em Wikidata
Altura167 cm Editar o valor em Wikidata
Peso52 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsteeplechase runner (en) Traducir , atleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaKenya Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorridas com obstáculos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2014Jogos da Commonwealth de 2014 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
2010Jogos da Commonwealth de 2010 (pt) Traducir
2008Xogos Olímpicos de 2008
15 de marzo de 2006Jogos da Commonwealth de 2006 (pt) Traducir
2004Xogos Olímpicos de 2004
2002Jogos da Commonwealth de 2002 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14207908 Olympic.org: ezekiel-kemboi Editar o valor em Wikidata
EzeKiel Kemboi no Campionato do Mundo de 2009.

Traxectoria editar

Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Atenas 2004 3.000 m obstáculos
Ouro Londres 2012 3.000 m obstáculos
Campionato do Mundo de Atletismo
Ouro Berlín 2009 3.000 m obstáculos
Ouro Daegu 2011 3.000 m obstáculos
Prata París 2003 3.000 m obstáculos
Prata Helsinqui 2005 3.000 m obstáculos
Prata Osaka 2007 3.000 m obstáculos
Xogos da Commonwealth
Ouro Melbourne 2006 3.000 m obstáculos
Prata Manchester 2002 3.000 m obstáculos
Prata Delhi 2010 3.000 m obstáculos

Nado en Matira, cerca de Kapsowar (Distrito de Marakwet. Kemboi graduouse na Boys Secondary School en 1999. Non comezou no atletismo ata que rematou a escol, mais foi descuberto por Paul Ereng e gañou o Campionato Africano Júnior en 2001 a pesar de caer.[1]

Kemboi converteuse no campión júnior africano en 2001 e 2002, e finalizou segundo nos Xogos da Commonwealth de 2002 por detrás do seu compatriota Stephen Cherono. Ese mesmo ano Kemboi foi orixinalmente cuarto no Campionato Africano de Atletismo, mais posteriormente foi galardoado coa medalla de bronce a causa da suspensión por dopaxe do gañador, o marroquí Brahim Boulami.

No Campionato do mundo de atletismo 2003, Kemboi tivo unha dura batalla co seu antigo compañeiro de equipo Saif Saeed Shaheen (antes Stephen Cherono) que representou ao seu novo país Qatar e acabaría gañando por menos dun segundo. Kemboi gañou a medalla de ouro nos All-Africa Games de 2003.

En ausencia de Shaheen Kemboi erexiuse como o favorito para disputar os Xogos Olímpicos de Atenas. A carreira foi moi acorde coa forma, cos tres Kenyanos Kemboi, Brimin Kipruto e Paul Kipsiele Koech levando o ritmo da segunda volta e deixando pronto aos demais competidores atrás, gañando Kemboi a medalla de ouro 0,3 segundos por diante de Kipruto.

En agosto de 2005 gañou a medalla de prata no Campionato do mundo de atletismo 2005, e en marzo do ano seguinte gañou os Xogos da Commonwealth. No Campionato Africano de Atletismo de 2006 finalizou segundo, mais posteriormente foi descalificado.[1]

Kemboi representou a Kenya nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 mais só puido ser sétimo (a súa peor actuación no escenario mundial). Así e todo o ano seguinte recuperouse gañando o seu primeiro ouro nun mundial, e en 2010 proclamouse subcampión africano.

Adicouse ás carreiras de estrada en Italia en agosto de 2010, superando a Peter Kimeli para gañar a carreira de Corribianco en Bianco,[2] logo de tomar os honores nos 8.5-quilómetros Amatrice-Configno.[3]

Gañou a medalla de ouro no Campionato do mundo de atletismo 2011 en Daegu, Corea do Sur.

Kemboi gañou a medalla de ouro para Kenya nos 3.000 metros obstáculos en Londres 2012.[4][5] Kemboi gañou cun tempo de oito minutos e 18.56 segundos.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 IAAF, August 24, 2004: Focus on Africa – Ezekiel Kemboi (KEN) Arquivado 04 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
  2. Kemboi and Kalovics win Corribianco road race. IAAF (2010-08-08). Retrieved on 2010-0*-10.
  3. Amatrice: vince Kemboi, 11° Baldini Arquivado 22 de novembro de 2010 en Wayback Machine.. FIDAL. Retrieved on 2010-08-28.
  4. "London Olympics: Ezekiel Kemboi regains steeplechase gold". Arquivado dende o orixinal o 06-08-2012. Consultado o 06-08-2012. 
  5. http://www.bbc.co.uk/sport/0/olympics/19141802 Olympic athletics: Kemboi wins gold in 3,000m steeplechase
  6. http://london2012.bbc.co.uk/athletics/event/men-3km-steeplechase/phase=atm033100/index.html Arquivado 07 de agosto de 2012 en Wayback Machine. Men's 3000m Steeplechase Results