Explorer 49, tamén coñecido como Radio Astronomy Explorer B, RAE-B e RAE-2, foi un observatorio espacial do programa Explorer da NASA lanzado o 10 de xuño de 1973 mediante un foguete Delta 1913 desde Cabo Cañaveral.[2][3][4][5]

Explorer 49 / Radio Astronomy Explorer B / RAE-B
Representación artística de Explorer 49 en órbita lunar
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Destino actualEstrelado na superficie lunar.[1]
Data de lanzamento10 de xuño de 1973[1][2][3]
Foguete portadorDelta 1913[3][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][5]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas en ondas de radio.[3][5]
NSSDC ID1973-039A
Masa328 kg[3]

Características editar

Explorer 49 foi o sucesor de Explorer 38 (RAE-A). Foi posto en órbita lunar o 15 de xuño de 1973 para minimizar as interferencias das fontes de radio naturais e artificiais da Terra que afectaron a Explorer 38. O observatorio estudou as ondas de radio celestes a frecuencias entre 25 KHz e 13,1 MHz. Cunha masa de 328 kg, o observatorio estabilizábase mediante gradente gravitatorio e consumía 25 W de potencia eléctrica producidos polas súas células solares. A antena do satélite estaba formada á súa vez por dúas antenas formando unha X: unha antena de 229 m de longo en V apuntando en sentido contrario á Lúa unida polo seu vértice a outra antena en V da mesma lonxitude e cunha inclinación de 60° entre as uves. Tamén levaba unha antena dipolo de 37 m paralela á superficie lunar e no mesmo plano que as antenas V. O observatorio tiña forma de cilindro truncado de 92 cm de diámetro e 79 cm de altura. O sistema de propulsión estaba formado por un conxunto de motores alimentados por hidracina, un sistema de control de actitude mediante gas frío e un motor de propelente sólido para a inxección lunar. A enerxía eléctrica almacenábase en baterías de níquel-cadmio e os datos obtidos polo observatorio gardábanse nunha grabadora de cinta respaldada por outras dúas grabadoras. Explorer 49 estivo facendo observacións ata que en agosto de 1977 perdeuse contacto co observatorio. Presumiblemente impactou na superficie lunar non moito despois.[3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 49 (RAE-2)" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 24 September 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-19551). 3 de outubro de 1973: 2. Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (28 de outubro de 2022). "RAE-B" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "RAE B (Explorer 49)" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "RAE B" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar