Explorer 38, tamén coñecido como Radio Astronomy Explorer A, RAE-A e RAE-1, foi un observatorio espacial do programa Explorer da NASA lanzado o 4 de xullo de 1968 mediante un foguete Delta J desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][3][4][5]

Explorer 38 / Radio Astronomy Explorer A / RAE-A
Explorer 38 antes do lanzamento
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita terrestre, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento4 de xullo de 1968[1][2][3]
Foguete portadorDelta J[3][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, rampla SLC-2E[3][5]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas en ondas de radio.[3][5]
NSSDC ID1968-055A
Masa193 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior12 224 km[1]
Inclinación120,9°[1]
Apoapse5866,4 km[1]
Periapse5839,8 km[1]

Características

editar

Explorer 38 foi o primeiro observatorio espacial da NASA adicado a observar o ceo en ondas de radio a frecuencias entre 0,2 e 20 MHz. O seu obxectivo principal foi o Sol. Cunha masa de 193 kg, o observatorio estabilizábase mediante gradente gravitatorio e consumía 25 W de potencia eléctrica. A antena do satélite estaba formada á súa vez por dúas antenas formando unha X: unha antena de 229 m de longo en V apuntando en sentido contrario á Terra unida polo seu vértice a outra antena en V da mesma lonxitude e cunha inclinación de 60° entre as uves. O observatorio levaba tamén unha antena para telemetría. Os datos almacenábanse nunha grabadora de cinta que comezou a fallar aos dous meses de estar en órbita. Explorer 38 cumplíu a súa misión, pero as observacións estaban cheas de interferencia, tanto natural (tormentas eléctricas, auroras polares) como artificial. Lanzouse un segundo observatorio, Explorer 49 (RAE-B) que foi posto en órbita lunar para minimizar as interferencias.[3][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 38 (RAE-A)" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 31 October 1968 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (68-25206). 12 de novembro de 1968: 3. Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (28 de outubro de 2022). "RAE-A" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "RAE A (Explorer 38)" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2023). "RAE" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar