O exame MIR é unha proba de avaliación para acceder á formación sanitaria especializada para médicos especialistas no estado Español. Consiste na avaliación dos coñecementos médicos e do ámbito da saúde mediante un test obxectivo e sistematizado, no que os opositores escollen entre múltiples respostas que teñen coma fin a obtención dunha puntuación prioritaria. Dita puntuación permitiría establecer unha orde de preferencia para escoller especialidade e hospital.

Exame MIR
Ministerio de Sanidade.
OrganizadorMinisterios de Sanidade e Educación.
Data realizaciónxaneiro-febreiro
Título previoMedicina
Presentados12.427 (2016)
sis.mssi.es/fse

O exame vénse convocando desde 1978 polo Ministerio de Sanidade e polo Ministerio de Educación, e celébrase en diversas sedes do estado Español o mesmo día e á mesma hora.[1]

A convocatoria do exame vén rexida pola publicación da mesma no Boletín Oficial do Estado (BOE), polo xeral entre os meses de setembro e outubro. Para a admisión na realización do exame, é preciso estar e posesión do título universitario de Medicina, ben en calquera das universidades españolas, ben en universidades estranxeiras, sempre que os aspirantes teñan o seu título correctamente homologado. Para este último grupo de aspirantes, denominado coma cota de extracomunitarios, existe un límite de 5% das prazas dispoñíbeis. Tamén existe unha cota especial para persoas con discapacidade.

Características editar

O exame MIR está constituído por 235 preguntas tipo test, das cales 225 son computadas inicialmente, e 10 mantéñense coma preguntas de reserva. Se após o período de impugnacións algunha pregunta fica anulada (por erros de formulación, erratas, múltiples posíbeis respostas correctas ou ningunha delas correcta), as preguntas na reserva pasan a computar coma preguntas válidas por estrita orde numérica. Até o ano 2015 cada pregunta contaba con 5 posíbeis respostas, e desde ese ano o Ministerio de Sanidade reduciu a 4 as respostas. Cada pregunta acertada contabilízase coma 1 punto, mentres que cada pregunta errada contabilízase negativamente coma -0,33 puntos, de xeito que 1 pregunta acertada anúlase con 3 preguntas erradas. As preguntas sen contestar (en branco), teñen un efecto neutro na puntuación final.

O temario sometido a exame non está definido oficialmente, se ben tradicionalmente véñense cumprindo certas tendencias predecíbes nas materias e temas máis preguntados. Porén, pode ser suxeito a ser preguntado calquera aspecto que teña relación coa Medicina.

A duración do exame e de 5 horas, e é celebrado en sedes nomeadas polo Ministerio de Sanidade. A data de celebración é variable, sendo habitual que se celebre en sábado de 16h a 21h, normalmente nas últimas semanas de xaneiro ou primeiras de febreiro.

A nota obtida no exame representa un 90% da cualificación final, mentres que o restante 10% corresponde ao expediente académico acadado polo estudante na súa titulación universitaria.

Especialidades editar

Existen 47 especialidades médicas que os aspirantes poden escoller:

Notas editar

  1. MIR Asturias (ed.). "Exame MIR". Consultado o 26 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar