Otorrinolaringoloxía

A otorrinolaringoloxía (ORL) é a especialidade médica que se encarga da prevención, diagnóstico e tratamento, tanto médico coma cirúrxico, das doenzas do oído, o nariz, os seos paranasais, a farinxe, a larinxe e as estruturas próximas á cara e o colo.

National Throat Nose and Ear Hospital en Londres.

Asemade, as intervencións cirúrxicas da cara e do pescozo poden ser levadas a cabo tanto por otorrinolaringólogos, coma por cirurxiáns maxilofaciais ou cirurxiáns plásticos.

O organismo de referencia en Galiza é a Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía.[1]

Etimoloxía editar

O termo resulta da combinación de catro palabras gregas: οὖς ous (gen.: ὠτός otos), "oído", ῥίς rhis, "nariz", λάρυγξ larynx, "larinxe" e -λογία -logia, "estudo".[2]

Subespecialidades editar

Notas editar

  1. "Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía e Patoloxía Cervicofacial". Consultado o 2 de novembro de 2014. 
  2. "otolaryngologist" entry in: Peter Harris, Sue Nagy, Nicholas Vardaxis, Mosby's Dictionary of Medicine, Nursing & Health Professions - Australian & New Zealand Edition, Elsevier Health Sciences, 2009.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar