Evelyn Nicol

immunóloga e microbióloga

Evelyn Marie Carmon Nicol, nada en Little Rock, Kentucky, o 2 de xuño de 1930 e finada o 27 de maio de 2020, foi unha inmunóloga e microbióloga estadounidense.[1] Foi a primeira científica en illar o virus do Herpes Zoster, e é unha das poucas mulleres afroamericanas en recibir unha patente en bioloxía molecular, por un novo método de produción de uroquinase.[2]

Modelo:BiografíaEvelyn Nicol
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1930 Editar o valor en Wikidata
Little Rock, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLittle Rock (en) Traducir
Waukegan (pt) Traducir
Weston (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónTuskegee University (en) Traducir (–1953) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmicrobióloga, immunóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAbbott Laboratories (pt) Traducir (1962–)
Michael Reese Hospital (en) Traducir
University of Kansas Medical Center (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Carmon-102

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Os seus pais eran Daniel Eugene Carmon, mestre de escola, e Margarite Wilson Carmon, ama de casa.[1] Foi a oitava de once fillos. Nunha entrevista para Lifeology, Nicol explicou que, a pesar de que a súa familia tiña moi pouco: "divertiámonos moito. Non se podía crecer mellor". Como a escola da súa localidade carecía de fondos, e só chegaba ata o oitavo grao, o pai de Nicol encargouse de dar aos nenos unha educación extra en casa.[2]

Durante os seus anos de instituto, Nicol traballou como empregada doméstica para gañar diñeiro.[3] Cando se graduó no instituto, Nicol recibiu unha bolsa na Universidade de Tuskegee para estudar Economía Doméstica.[2] Trasladouse a Alabama en 1949 para asistir á universidade, pero elixiu estudar Matemáticas e Química en lugar de Economía Doméstica. Financiouse os seus estudos traballando en dous empregos. En 1953, Nicol licenciouse en Química e Matemáticas como primeira da súa promoción e obtivo os premios Beta Kappa Chi e Alpha Kappa Mu.[1][3]

Carreira profesional

editar

De 1953 a 1955, Nicol traballou como asistente de investigación no Proxecto Salk contra a Polio da Fundación de Investigación Carver. Baixo a supervisión do Dr. Russel W. Brown, traballou no desenvolvemento da primeira vacina contra a polio utilizando cultivos de células HeLa. A continuación, Nicol incorporouse ao Cleveland City Hospital, onde traballou con Frederick C. Robbins e John F. Enders. Alí foi a primeira persoa en illar con éxito o virus do herpes zóster, causante do herpes zóster, utilizando células amnióticas en cultivos de tecidos. Nunha entrevista para Lifeology, Nicol dixo: "As cousas véñenme soas. Non sei por que. Simplemente parece de sentido común".[2]

Tras estes primeiros éxitos profesionais, Nicol foi contratada pola Rand Development Corporation, onde traballou no illamento do axente da leucemia. Durante este tempo, Nicol tamén traballou para o Centro Médico da Universidade de Kansas e o Hospital Michael Reese.[1]

A continuación, Nicol incorporouse aos Laboratorios Abbott como asistente de investigación en 1962. Alí enfrontouse á discriminación dos seus colegas brancos, que se atribuían os resultados e saboteaban o seu traballo. O 6 de xaneiro de 1976, Nicol patentou unha nova técnica para producir uroquinase (patente estadounidense nº 3.930.944), unha encima utilizada para disolver coágulos de sangue. Foi unha das poucas mulleres afroamericanas ás que se lles concedeu unha patente en bioloxía molecular. Entre os seus moitos logros mentres traballaba en Abbott, Nicol desenvolveu con éxito unha proba para detectar a toxoplasmose en mulleres embarazadas, e un ensaio de interferón.[2]

En 1985, Nicol foi contratada por Baxter Pharmaceuticals. Dentro do seu grupo de investigación e desenvolvemento da hepatite, coñecido como Pandex, Nicol dirixía a división de retroviroloxía, que producía kits de probas para enfermidades transmitidas polo sangue, como o VIH. Dous estudos cegos financiados por Abbott Pharmaceuticals determinaron que os kits de probas producidos baixo a dirección de Nicol eran os mellores dispoñibles. Mentres estivo en Baxter Pharmaceuticals, Nicol utilizou a súa antigüidade para combater a discriminación no lugar de traballo e avogar por unhas prácticas de contratación máis xustas. Por exemplo, contratou a Linda Smith, cuxo currículo fora rexeitado inicialmente, probablemente porque estudara nunha universidade historicamente negra.[2]

Mentres traballaba alí, Pandex foi comprada por Abbott Laboratories, o antigo empregador de Nicol. Nicol retirouse en 1990, negándose a traballar para unha empresa que fora tan abertamente discriminatoria.[2][3]

Vida persoal

editar

Nicol tivo tres fillos.[2] Despois da xubilación, viviu en Waukegan, Illinois, e máis tarde en Weston, Connecticut.[2] Á idade de 89 anos, Nicol foi hospitalizada por un ictus e diagnosticáronlle Covid-19. Morreu por complicacións da infección en maio de 2020.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Evelyn Nicol 1930 - 2020 - Obituary". www.legacy.com (en inglés). Consultado o 2020-08-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Gilmore, Alexandra; Doherty, Anna (2020-08-26). "Evelyn Nicol, A Legendary Woman in STEAM". Lifeology (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Wade, Eve (18 de xullo de 2020). "EVELYN CARMON NICOL (1930-2020)". blackpast.org (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2022.