Evan Turner

baloncestista estadounidense

Evan Marcel Turner, nado o 27 de outubro de 1988 en Chicago, Illinois, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Turner foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Philadelphia 76ers. É coñecido co alcume de The Villain.

Evan Turner
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1988 (35 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto St. Joseph, Westchester, Illinois
Universidade Ohio State (2007–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Philadelphia 76ers
Carreira 2010–2020
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2010–2014)
Indiana Pacers (2014)
Boston Celtics (2014–2016)
Portland Trail Blazers (2016–2019)
Atlanta Hawks (2019–2020)

NBA editar

Philadelphia 76ers (2010–2014) editar

 
Turner coas animadoras e a mascota dos Sixers.

O 7 de abril de 2010, Turner fixo unha rolda de prensa na que anunciou que ía renunciar ao seu último ano de universidade e ser elixible para o Draft da NBA de 2010, onde se agardaba que fora escollido nunha das 3 primeiras posicións.[1] Turner asinou co axente de Michael Jordan, David Falk.[2]

Foi seleccionado na 2ª posición do draft polos Philadelphia 76ers,[3] e asinou un acordo de 3 anos por preto de 12 millóns de dólares.[4]

O 27 de outubro de 2010, no seu debut cos 76ers (día do seu aniversario), Turner anotou 16 puntos, con 7 rebotes e 4 asistencias, saíndo dende o banco, xogando 30 minutos, e liderando ao equipo en anotación na derrota por 97-87 contra Miami Heat.[5] O 7 de novembro de 2010, Turner xogou por primeira vez de titular na NBA, e rematou o partido cun dobre-dobre, con 14 puntos e 10 rebotes, ademais de 3 asistencias, na vitoria por 106-96 sobre os New York Knicks, xogando en lugar do lesionado Andre Iguodala.[6] O 29 de decembro de 2010, Turner anotou 23 puntos, a súa maior marca, na vitoria por 123-110 contra os Phoenix Suns, anotando 9 de 12 tiros de campo e 4 de 4 tiros libres.[7]

Indiana Pacers (2014) editar

O 20 de febreiro de 2014, Turner e Lavoy Allen foron traspasados ós Indiana Pacers a cambio de Danny Granger e unha elección de segunda rolda do Draft.[8] Turner fixo o seu debut cos Pacers o 25 de febreiro de 2014 na vitoria de Indiana sobre os Los Angeles Lakers. Turner proporcionou 13 puntos e 6 rebotes saíndo dende o banco.[9]

Boston Celtics (2014–2016) editar

Turner asinou oficialmente cos Boston Celtics o 29 de setembro de 2014.[10]

Portland Trail Blazers (2016–2019) editar

O 6 de xullo de 2016, Turner asinou un contrato por catro anos e 70 millóns de dólares cos Portland Trail Blazers.[11]

Atlanta Hawks (2019–2020) editar

O 24 de xuño de 2019, Turner foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Kent Bazemore.[12]

Notas editar

  1. EvanTurner.org, ETFanNews (7 de abril de 2010). "Video: Evan Turner Announces Going Pro". EvanTurner.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 17 de maio de 2011. 
  2. "David Falk signs Evan Turner". USA Today. 2010-05-06. Consultado o 2010-05-16. 
  3. Maaddi, Rob (24 de xullo de 2010). "76ers take Evan Turner at No. 2". USA Today. Consultado o 2010-08-02. 
  4. "Sixers Sign Rookie Evan Turner". COMCAST SPORTSNET PHILADELPHIA L.P. 14 de xullo de 2010. Consultado o 2010-08-02. [Ligazón morta]
  5. "Heat 97 (1–1, 1–1 away): 76ers 87 (0–1, 0–1 home)". ESPN. 27 de outubro de 2010. Consultado o 2010-11-02. 
  6. "Amare Stoudemire's 21 points not enough as 76ers defeat Knicks". ESPN. 7 de novembro de 2010. Consultado o 2010-11-08. 
  7. "76ers 123 (13–19, 5–13 away); Suns 110 (13–17, 7–7 home)". ESPN. 29 de decembro de 2010. Consultado o 2011-01-01. 
  8. "Pacers Acquire Evan Turner and Lavoy Allen". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 20 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  9. "Paul George's third-quarter surge pulls Pacers from reach of Lakers". ESPN. 2014-02-25. Consultado o 2014-02-26. 
  10. "Celtics Sign Evan Turner". NBA.com. 2014-09-29. Consultado o 2014-09-29. 
  11. "Trail Blazers sign Evan Turner". NBA. 2016-07-06. Consultado o 2016-07-06. 
  12. "Atlanta Hawks Acquire Evan Turner From Portland In Exchange For Kent Bazemore". NBA.com. Consultado o 24 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar