Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga

filme de 2020 dirixido por David Dobkin

Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Dobkin e escrito por Will Ferrell e Andrew Steele. Está protagonizado por Ferrell e Rachel McAdams, e conta a historia de dous cantantes islandeses, Lars Erickssong e Sigrit Ericksdóttir, cuxo maior desexo é representar o seu país no Festival de Eurovisión. Pierce Brosnan, Dan Stevens e Demi Lovato aparecen nos papeis secundarios.

Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga
Ficha técnica
Título orixinalEurovision Song Contest: The Story of Fire Saga
DirectorDavid Dobkin
Produtor
Guión
  • Will Ferrell
  • Andrew Steele
Intérpretes
MúsicaAtli Örvarsson
FotografíaDanny Cohen
MontaxeGreg Hayden
Estudio
DistribuidoraNetflix
Estrea26 de xuño de 2020
Duración123 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Na rede
https://www.netflix.com/it/title/80244088
IMDB: tt8580274 Filmaffinity: 932669 Allocine: 265568 Rottentomatoes: m/eurovision_song_contest_the_story_of_fire_saga Allmovie: v723678 Metacritic: movie/eurovision-song-contest-the-story-of-fire-saga Netlix: 80244088Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

  • Will Ferrell como Lars Erickssong, un home de mediana idade con aspiracións de gañar o Festival de Eurovisión.
  • Rachel McAdams como Sigrit Ericksdóttir, compañeira de banda de Lars e a súa mellor amiga dende hai moito tempo, que desexa unha relación romántica con el.
    • Molly Sandén, canta todas as cancións de Sigrit Ericksdóttir, acreditadas como My Marianne.
  • Dan Stevens como Alexander Lemtov, un cantante extravagante que representa a Rusia.
  • Melissanthi Mahut como Mita Xenakis, contendente representante de Grecia.
  • Mikael Persbrandt como Victor Karlosson, gobernador do Banco Central de Islandia, que non quere que Islandia gañe o concurso.
  • Ólafur Darri Ólafsson como Neils Brongus, presidente de RÚV, un servizo de radiodifusión pública nacional de Islandia.
  • Graham Norton como el mesmo, un comentarista de Eurovisión.
  • Demi Lovato como Katiana Lindsdóttir, gañadora do Söngvakeppni Sjónvarpsins que despois more nun accidente marítimo.
  • Pierce Brosnan como Erick Erickssong, o pai viúvo de Lars que sempre o desaproba.
  • Joi Johannsson como Jorn, un membro do comité islandés de Eurovisión.
  • Björn Hlynur Haraldsson como Arnar, un policía namorado de Sigrit.
  • Jamie Demetriou como Kevin Swain, xefe do equipo creativo de Islandia.
  • Jon Kortajarena como Corin Vladvitch, o condutor de Eurovisión.
  • Elina Alminas como Sasha More, a condutora de Eurovisión.
  • Alfrun Rose como Anna, un membro do comité islandés de Eurovisión.
  • Elin Petersdóttir como Helka, nai de Sigrit.
  • Christopher Jeffers como Johnny John John, un rapeiro representante de Suecia.
  • Rebecca Harrod como Brittny, unha dos turistas estadounidenses.
  • Josh Zaré como Bill, un dos turistas estadounidenses.
  • Bobby Lockwood como Jeff, un dos turistas estadounidenses.
  • Eleanor Williams como Jenn, unha dos turistas estadounidenses.
  • Jóhannes Haukur Jóhannesson como Johans, un dos policías de Húsavík.
  • Natasia Demetriou como Nina, un membro do equipo do concurso.
  • William Lee Adams como el mesmo, un comentarista de Eurovisión.[2]

Notas editar

  1. "Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga". Netflix. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  2. "Eurovision Song Contest: The Story of Fire Saga: A Guide to All Its Cameos and Homages". Vulture. Vox Media Network. Consultado o 2 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar