Rachel McAdams

Actriz canadense

Rachel Anne McAdams, nada en London (Ontario) o 17 de novembro de 1978, é unha actriz canadense de cinema e televisión nomeada ao Premio Oscar.

Infotaula de personaRachel McAdams

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Rachel Anne McAdams Editar o valor en Wikidata
17 de novembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
London, Canadá Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHarbord Village (en) Traducir
St. Thomas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónYork University - Bachelor of Fine Arts (en) Traducir (–2001)
Central Elgin Collegiate Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de televisión , actriz de teatro , actriz , ecoloxista Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDavid Rotenberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaJamie Linden (pt) Traducir (2016–)
Michael Sheen (–2013)
Ryan Gosling (–2007) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1046097 Allocine: 81263 Rottentomatoes: celebrity/rachel_mcadams Allmovie: p334531 TCM: 567483 Metacritic: person/rachel-mcadams TV.com: people/rachel-mcadams IBDB: 537965
BNE: XX1713018 Dialnet: 2689077 Musicbrainz: 0fe8e803-be56-43dc-a52d-858e113685be Discogs: 1661889 Allmusic: mn0003498709 WikiTree: McAdams-368 Editar o valor en Wikidata

Despois de se graduar nun programa de teatro de catro anos na Universidade de York, en 2001, traballou constantemente en producións canadenses, como My Name is Tanino (2002), Perfect Pie (2002) ou a serie Slings and Arrows (2003-2005), até atopar a sona en filmes coma Mean Girls (2004) ou o coñecido drama romántico The Notebook de 2004, coñecida en Galicia co nome O diario de Noah.[1] Por esta última actuación Rachel logrou estupendas críticas.

Posteriormente participou en filmes coma Red Eye (2005), Wedding Crashers (2005), The Family Stone (2005), Married Life (2008), State of Play (2009), Alén do tempo (2009), Sherlock Holmes (2009) e a súa segunda parte, Morning Glory (2010) e Midnight in Paris (2011), About Time (2013), Spotlight (2015) entre outras. Por este último filme está nomeada aos Oscar 2016 coma mellor actriz secundaria.

É considerada polos medios de comunicación como "a nova moza de Hollywood", así como "a vindeira Julia Roberts".[2][3]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

McAdams naceu en London, Ontario (Canadá), e criouse na vila de St. Thomas. Seu pai, Lance, é camioneiro, e súa nai, Sandra, é enfermeira. Os seus devanceiros pola súa avoa son galeses. McAdams ten un irmán máis vello, Daniel, e unha irmá máis nova, Kayleen. Aos catro anos empezou a patinar sobre xeo e á idade de doce anos iniciouse na interpretación, acudindo á Original Kids Theatre Company, en Ontario. En 2001 graduouse na Universidade de York, en Toronto, conseguindo unha licenciatura de Bachelor of Fine Arts (Belas Artes). Tamén asistiu á Compañía de Teatro Infantil de London.

Carreira

editar
 
McAdams no Festival Internacional de Cinema de Toronto (2007).

Despois de aparecer no seu país na serie de televisión Shotgun Lovedolls (2001) e intervenir no telefilme Guilt by Association (2002), McAdams debutou no cinema protagonizando o filme My Name is Tanino (2002), unha comedia co-producida entre Italia e o Canadá que dirixiu Paolo Virzi. Ese mesmo ano actúa no filme Perfect Pie, sendo nomeada aos Premios Genie do Canadá,[4] pola súa interpretación da adolescente Patsy Grady.

O seu primeiro filme en Hollywood foi en 2002, na comedia The Hot Chick, na que interpretou a unha estudante que cambia de corpo cun criminal (Rob Schneider). Ao ano seguinte regresou ao Canadá para facer un papel recorrente na serie Slings and Arrows (2003-2005), recibindo dous nomeamentos para os Premios Gemini e resultando gañadora nun deles.

En 2004 chegan os seus dous papeis estrela e seica os máis exitosos e lembrados até hoxe. O primeiro foi a comedia xuvenil Mean Girls, co-protagonizada por Lindsay Lohan. McAdams recibiu críticas favorábeis pola súa interpretación da adolescente Regina George, unha estudante maliciosa. O seu segundo papel foi no drama romántico The Notebook, unha adaptación da novela de Nicholas Sparks. McAdams e Ryan Gosling interpretaron unha parella en 1940 separada por diferentes circunstancias. Malia a "melosidade" da historia, os críticos eloxiaron as actuacións dos actores protagonistas. McAdams estivo nomeada por estes dous papeis a case unha ducia de premios, a maioría eran dos MTV Movie e os Teen Choice.

McAdams retirouse da vida pública entre 2006 e 2007, tomándose un tempo libre para se dedicar á súa familia e a ela mesma.

En 2008, regresou con dous filmes pouco destacados: Married Life, con Pierce Brosnan, Chris Cooper e Patricia Clarkson; e The Lucky Ones, ambas fracasaron.

 
McAdams e Robert Downey Jr durante a promoción do filme de Sherlock Holmes no Comic-Con (2009).

En 2009, intervén en tres filmes. State of Play, un suspense político con Russell Crowe, Helen Mirren e Ben Affleck; o drama romántico Alén do tempo; e Sherlock Holmes, nova adaptación do personaxe creado por Arthur Conan Doyle, dirixida por Guy Ritchie. Robert Downey Jr. e Jude Law interpretaron a Holmes e John Watson, respectivamente, mentres que McAdams interpretou a Irene Adler, unha muller fatal de Nova Jersey que unha vez venceu a Holmes, que gaña o seu respecto e que mantén unha tempestuosa relación co detective. O filme foi un éxito, tanto de crítica como de público, e a interpretación de McAdams como Adler foi moi eloxiada.[5] En 2010 só participou no filme: Morning Glory, unha comedia co-protagonizada por Harrison Ford e Diane Keaton, de modesta aceptación.[6][7]

En 2011, McAdams protagonizou, de novo xunto con Owen Wilson, o filme Midnight in Paris, comedia romántica escrita e dirixida por Woody Allen. Allen escolleu a McAdams, para o papel de Inez, por recomendación da súa antiga compañeira Diane Keaton. O filme presentouse na apertura do Festival de Cannes de 2011, e foi a de máis éxito de Allen nos Estados Unidos de América.[8] Ese mesmo ano volveu a interpretar a Irene Adler para a secuela de Sherlock Holmes: Sherlock Holmes: Xogo de sombras.[9]

En 2012 McAdams actuou no drama romántico The Vow. McAdams e Channing Tatum interpretaron a unha parella recentemente casada baseada nunha historia real,[10][11].

En 2013 co-protagonizou xunto a Domhnall Gleeson, About Time, moi ben acollida polas críticas dos expertos e do público.[12] En 2015 interpretou a axente Ani Bezzerides na segunda tempada da serie televisiva True Detective.

Ese mesmo ano a actriz foi seleccionada por Marvel Studios para aparecer nun papel protagonista no filme Doctor Strange, que se estrenará en novembro de 2016.

O 14 de xaneiro de 2016 recibe o seu primeiro nomeamento aos Premios Oscar na categoría Mellor Actriz Secundaria polo seu papel no filme de 2015 Spotlight.

Vida persoal

editar

McAdams mora en Harbord Village en Toronto, Ontario, Canadá. Comparte casa con seu irmán máis vello.[13] Porén, ten a Green Card (tarxeta de Residencia Permanente nos Estados Unidos).[14]

Filmografía

editar
Ano Título Papel Notas Ref.
2001 Shotgun Love Dolls Beth Swanson Serie de televisión, 1 episodio: "Pilot" [1]
The Famous Jett Jackson Hannah Grant Serie de televisión, 1 episodio: "Food for Thought"
My Name is Tanino Sally Garfield
2002 Guilt by Association Danielle Mason Filme para televisión
Earth: Final Conflict Christine Bickwell Serie de televisión, 1 episodio: "Atavus High"
Perfect Pie Patsy Grady (15 anos)
The Hot Chick Jessica Spencer/Clive Maxtone
2003 - 2005 Slings and Arrows Kate McNeil Serie de televisión, 7 episodios
2004 Mean Girls Regina George antagonista
The Notebook Allison "Allie" Hamilton protagonista
2005 Wedding Crashers Claire Cleary
Red Eye Lisa Reisert
The Family Stone Amy Stone
2007 Married Life Kay Nesbitt
2008 The Lucky Ones Colee Dunn
2009 State of Play Della Frye
Alén do tempo Claire Abshire
Sherlock Holmes Irene Adler
2010 Morning Glory Becky Fuller
2011 Midnight in Paris Inez
Sherlock Holmes: Xogo de sombras Irene Adler
2012 The Vow Paige Collins
Passion Christine Stanford
To the Wonder Jane
2013 About Time Mary
2014 A Most Wanted Man Annabel Richter
Take Me to the River Narradora Documental
2015 Every Thing Will Be Fine Sara
True Detective Ani Bezzerides Serie de televisión, 8 episodios
Spotlight Sacha Pfeiffer
The Little Prince A nai (voz)
Aloha Tracy
Southpaw Maureen Hope
2016 Doctor Strange
2017 Disobedience Esti Kuperman
2018 Game Night Annie

Premios e nomeamentos

editar
Ano Premio Categoría Traballo Resultado Ref.
2002 Premios Genie Mellor Actuación por unha Actriz nun Papel Secundario Perfect Pie Nomeada [4]
2004 Premios Gemini Mellor Actuación por unha Actriz en característica de Papel secundario nunha Serie Dramática Slings and Arrows Gañadora
2005 Premios MTV Movie Mellor Actriz Revelación Mean Girls Gañadora
Premios MTV Movie Mellor Vilán Mean Girls Nomeada
Premios MTV Movie Mellor Equipo en Pantalla (compartido con Lindsay Lohan, Lacey Chabert e Amanda Seyfried) Mean Girls Gañadora
Premios MTV Movie Mellor Actriz The Notebook Nomeada
Premios MTV Movie Mellor Bico (compartido con Ryan Gosling) The Notebook Gañadora
Premios ShoWest Actriz Secundaria do Ano Mean Girls e The Notebook Gañadora
Premios Teen Choice Actriz de Filme – Drama The Notebook Gañadora
Premios Teen Choice Química de Película (compartido con Ryan Gosling) The Notebook Gañadora
Premios Teen Choice Bico de Filme (compartido con Ryan Gosling) The Notebook Gañadora
Premios Teen Choice Escena de Amor nun Filme (compartido con Ryan Gosling) The Notebook Gañadora
2006 Premios Gemini Mellor Actuación por unha Actriz Invitada nunha Serie Dramática Slings and Arrows Nomeada
Premios MTV Movie Mellor Actuación Red Eye Nomeada
Premios Teen Choice Actriz de Filme - Comedia Wedding Crashers e The Family Stone Gañadora
2009 Premios ShoWest Estrela Feminina do Ano N/A Gañadora
2010 Premios Teen Choice Actriz de Filme - Aventura de Acción Sherlock Holmes Gañadora
2012 Premios MTV Movie Mellor Bico (compartido con Channing Tatum) The Vow Nomeada
Premios Teen Choice Actriz de filme - Drama The Vow Nomeada
2013 People's Choice Awards Actriz Favorita de Película Dramática The Vow Nomeada
People's Choice Awards Química Favorita en Pantalla (compartido con Channing Tatum) The Vow Nomeada
Ano Categoría Filme Resultado
2016 Mellor actriz secundaria Spotlight Pendente
Ano Categoría Filme Resultado
2006 Premio Orange á estrela emerxente Nomeada
Ano Categoría Filme Resultado
2016 Mellor actriz secundaria Spotlight Pendente
2016 Mellor elenco Spotlight Pendente
2012 Mellor elenco Midnight in Paris Nomeada
Ano Categoría Filme Resultado
2016 Mellor actriz secundaria Spotlight Nomeada
2016 Mellor elenco Spotlight Gañadora
2016 Mellor actriz - Miniserie ou filme para TV True Detective Nomeada
Ano Categoría Filme Resultado
2016 Mellor actriz secundaria - Drama Spotlight Pendente
2012 Mellor actriz secundaria - Musical ou Comedia Midnight in Paris Nomeada
2006 Mellor actriz secundaria - Musical ou Comedia The Family Stone Nomeada
Ano Categoría Filme Resultado
2010 Mellor actriz secundaria Sherlock Holmes Nomeada
2006 Mellor actriz Red Eye Nomeada
  1. 1,0 1,1 Rachel McAdams - IMDb
  2. "Rachel McAdams - Elle Interview". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  3. "Can 'Time Traveler's Wife' reestablish Rachel McAdams as Hollywood's 'it' girl?". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Awards for Rachel McAdams - IMDb
  5. Variety Reviews - Sherlock Holmes
  6. Rachel McAdams Stars in Roger Michell's Morning Glory
  7. Movie review: 'Morning Glory' - Los Angeles Times
  8. 'Midnight in Paris' Becomes Woody Allen's Top Film of All Time in North America
  9. "Rachel McAdams cameo confirmed for 'Sherlock Holmes' sequel". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  10. "The Vow: A real love story of faith". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  11. "Channing Tatum and Rachel McAdams to costar in tearjerker". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  12. "About Time". Filmaffinity.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  13. "Celebrity Watch: Rachel McAdams is everywhere". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2016. 
  14. Rachel McAdams ordered to 'stop making stupid movies' by US immigration official

Véxase tamén

editar