Euromillóns

O Euromillóns é unha lotaría europea, levada a cabo polos organismos encargados da lotaría en cada un dos países participantes. O primeiro sorteo tivo lugar o venres 13 de febreiro de 2004 en París. España, Francia e o Reino Unido foron os primeiros que tomaron parte, pero os organismos de lotaría de Austria, Bélxica, Irlanda, Luxemburgo, Portugal e Suíza uníronse posteriormente, o 8 de outubro de 2004. En Andorra tamén é posible xogar a través de administracións de Loterías y Apuestas del Estado.

Países participantes no Euromillóns:
     Países fundadores (febreiro 2004)     Países restantes (outubro 2004)

O sorteo lévase a cabo todos os martes e venres pola tarde, e ten lugar en París. Os billetes de lotaría teñen un prezo de dous euros por participación na maioría dos países. Os premios, á parte do bote, son fixados de acordo á participación por país.

Países participantesEditar

País Nome Operador nacional
  Austria Euro Millionen Österreichische Lotterien
  Bélxica Euro Millions Loterie nationale
  España Euro Millones Loterías y Apuestas del Estado
  Francia Euro Millions la Française des jeux
  Irlanda Euro Millions The National Lottery
  Luxemburgo Euro Millions Loterie nationale
  Portugal Euro Milhões Jogos Santa Casa
  Reino Unido Euro Millions The National Lottery
  Suíza Euro Millions Swisslos (Suíza alemá e italiana)
Loterie romande (Suíza romanda)

FormatoEditar

Para xogar:

  • Elixa 5 números, que poden ser calquera do 1 ao 50.
  • Elixa 2 estrelas da sorte, números do 1 ao 11.

Durante o sorteo, 5 números e 2 estrelas da sorte son extraídos ao azar de dúas máquinas con bombos que conteñen bólas numeradas. A máquina que contén os 50 números chámase Stresa, e a outra, que contén as 11 estrelas, é Paquerette.

PremiosEditar

  • 1ª Categoría: 5 números e 2 estrelas
  • 2ª Categoría: 5 números e 1 estrela
  • 3ª Categoría: 5 números
  • 4ª Categoría: 4 números e 2 estrelas
  • 5ª Categoría: 4 números e 1 estrela
  • 6ª Categoría: 3 números e 2 estrelas
  • 7ª Categoría: 4 números
  • 8ª Categoría: 2 números e 2 estrelas
  • 9ª Categoría: 3 números e 1 estrela
  • 10ª Categoría: 3 números
  • 11ª Categoría: 1 número e 2 estrelas
  • 12ª Categoría: 2 números e 1 estrela
  • 13ª Categoría: 2 números

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar