O Eurocopter EC135 (agora Airbus Helicopters H135) é un helicóptero civil bimotor producido por Airbus Helicopters (anteriormente coñecida como Eurocopter). É capaz de voar baixo regras de voo instrumental rules (IFR) e está equipado con controis de voo dixitais. Entrou en servizo en 1996 e ata a data fabricáronse máis de mil unidades. É amplamente utilizado por servizos de policía e ambulancia, e para transporte executivo; cara 2013, máis de 500 EC135 estaban proporcionando servizos como helicópteros para emerxencias médicas por todo o mundo. Aínda que o EC135 é principalmente usado por operadores civil, existe tamén unha variante militar con capacidade de combate designada como Eurocopter EC635.

EC135 / H135
Tipohelicóptero lixeiro
FabricanteEurocopter
Airbus Helicopters
Primeiro voo15 de febreiro de 1994
Introducido1996
Estadoen servizo
Produción1996 - presente
Unidades construídasmáis de 1 200
VariantesEurocopter EC635

Desenvolvemento

editar

O EC135 comezou a desenvolverse antes da formación de Eurocopter de mans de Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB) coa designación Bo 108 nos anos 70. MBB desenvolveuno en asociación con Aérospatiale, e inicialmente creouse como un demostrador tecnolóxico, combinando atributos do exitoso MBB Bo 105 con novos avances é un deseño máis aerodinámico.[1][2] Entre as tecnoloxías incluídas no Bo 108 estaban o primeiro control de motor electrónico con autoridade tota (FADEC) nun helicóptero, un rotor principal sen bisagras, e a adopción dunha nova transmisión.[1] O primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea o 17 de outubro de 1988, impulsado por dous motores Allison 250-C20R/1. O 5 de xuño de 1991 seguiulle un segundo Bo 108, con dous motores Turbomeca TM319-1B Arrius; a diferenza dos posterores aparellos de produción, estes dous demostradores tecnolóxicos usaron rotores de cola convencionais.[2]

A finais dos anos 90 o deseño foi revisado coa introdución do rotor de cola Fenestron, un avanzado rotor principal ríxido, materiais compostos, e sistemas de illamento por resoancia.[1] Decidiuse buscar un programa completo de certificación construíndose dous prototipos de preprodución; ao mesmo tempo decidiuse darlle ao Bo 108 a nova designación de EC135 para corresponderse coa recentemente creada Eurocopter.[1] Nese momento decidiuse que o EC135 debería desenvolverse coa opción de poder levar dous modelos de motores, o Turbomeca Arrius 2B e o Pratt & Whitney Canada PW206B; dous prototipos de preprodución foron construídos en 1994 cada un deles cun motor, demostrando ámbolos dous ser exitosos e incorporándose aos aparellos de produción.[2]

En xaneiro de 1995 o EC135 fixo a súa primeira aparición pública na convención Heli-Expo en Las Vegas, na que os compradores potenciais quedaron impresionados coa súa aparencia e o seu rendemento.[1] Outra característica que se fixo evidente ao entrar en servizo era os poucos niveis de ruído que producía, en parte grazas á súa cola fenestron, sendo o aparello máis silencioso da súa clase durante máis de 15 anos.[1] A pesar de que o deseño do helicóptero estaba principalmente orientado a operadores de emerxencias médicas, o EC135 tivo un atractivo considerable para unha gran variedade de clientes.[1] A certificación europea da JAA chegou o 16 de xuño de 1996 e a da FAA estadounidense o 31 de xullo.[2]

O 2 de decembro de 1999 o EC135 obtivo a certificación piloto-único IFR (SPIFR) da Luftfahrt-Bundesamt (LBA) alemá. En decembro de 2000 a Civil Aviation Authority do Reino Unido deulle tamén a certificación SPIFR ao EC135.[3]

Desenvolvemento posterior

editar

No ano 2000 Eurocopter anunciou o comezo dos traballos de certificación do EC135P2, impulsado polo motor Pratt & Whitney Canada PW206B2, ofrecento un rendemento cun motor mellorado e potencia de emerxencia durante 30 segundos. A certificación LBA obtívose o 10 de xullo de 2001 e o primeiro EC135 cos novos motores foi entregado á policía sueca o 10 de agosto.[4] En setembro de 2002 o EC135T2 equipado co mellorado Turbomeca Arrius 2B2 estivo dispoñible, tamén proporcionando un mellor rendemento cun só motor.[4]

En 2002 o demostrador EC135 Active Control Technology/Flying Helicopter Simulator (ACT/FHS), un aparello de investigación deseñado para probar sistemas de control de voo baseados en fibra óptica, realizou o seu primeiro voo.[5] En 2014, Airbus Helicopters comezou a voar o Bluecopter Demonstrator, construído para explorar elementos de deseño máis eficientes, incluíndo operacións cun só motor con economía optimizada, palas do rotor Blue Edge para reducir o ruído e incrementar a eficiencia, un estabilizador horizontal recolocado fóra da corrente descendente do rotor principal, un temón activo, e nova pintura externa baseada en auga; eses cambios tiñan como obxectivo reducir o consumo de combustible un 40%.[6] En decembro de 2014 revelouse que a porción de operacións cun único motor das probas do Bluecopter adiábanse para o verán de 2016 para realizar os cambios necesarios na aviónica, así como nos sistemas FADEC dos motores.[7]

Na NBAA en marzo de 2007 en Atlanta, Eurocopter revelou o 'L’Hélicoptère par Hermès, unha edición especial VIP deseñada por Hermès International, S.A.; conta cunha luxosa cabina principal de catro prazas personalizable, unha partición de vidro deslizante, unha bodega de equipaxe corporativa, patíns redeseñados e outros cambios externos. O cliente de lanzamento do modelo é Falcon Aviation Services (FAS), baseado en Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos. En xullo de 2014, Airbus Helicopters anunciou que estaba permitindo máis opcións personalizadas para o EC135 l’Helicoptere par Hermes.[8]

En 2011 Eurocopter formalizou un acordo de fabricación baixo licenza con Zhong-Ou International Group para producir o EC135 Luxury Helicopter na provincia chinesa de Zhejiang.[9] En outubro de 2015 asinouse unha carta de intencións entre Airbus Helicopters e Ecopark para crear unha liña de montaxe na provincia de Qingdao; ese mesmo mes anunciouse un pedido relacionado valorado en 1 100 millóns de dólares por 100 H135 montados na China.[10] A meirande parte do traballo de montaxe do modelo permanece nas instalacións de Airbus Helicopter en Donauwörth, Alemaña.[11] A construción da nova liña de montaxe en Qingdao comezou en maio de 2017 e agardase o seu remate en 2018.[12]

En xaneiro de 2016 anunciouse que Ural Works of Civil Aviation (UWCA), unha división de Rostec, asinara un acordo para fabricar o H135 baixo licenza nas instalacións da firma en Ekaterimburgo, Rusia.[13][14] En maio de 2016 informouse que a produción rusa do H135 adiantárase para comezar en 2017, tras a recepción do certificado de tipo ruso; ademais, os fabricantes rusos poden ser incorporados na cadea de subministración global.[15]

Dúas variantes melloradas, o EC135 T3 e o EC135 P3, foron desenvolvidas cun mellor rendemento. Entre os cambios están o reposicionamento das entradas de aire dos motores, palas máis anchas no rotor principal, e cambios no dispositivo Fenestron. O EC135 T3 entrou en servizo en decembro de 2014.[16]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Eurocopter EC 135". Flying. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "The EC135: Melding form & Function". Flying. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "EC 135 Gains Single-Pilot Certification". Business & Commercial Aviation. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Benenson 2004. p. 89
  5. "Fly-by-light EC135 helicopter makes first flight". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  6. "Airbus Helicopters Unveils Bluecopter Demonstrator". AINonline. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  7. "Bluecopter flights end without tests of single-engine operation". Flightglobal.com (en inglés). 2015-12-02. Consultado o 2018-11-19. 
  8. "Web Extra: More Personalization Options for Hermes EC135". Aviation International News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-19. 
  9. "EC135 helicopter production in Zhejiang". Air Force World. Archived from the original on 20 de marzo de 2012. Consultado o 2018-11-19. 
  10. "Airbus Helicopter Signs China Deal for More Than $1b". Bloomberg. Consultado o 2018-11-19. 
  11. "H135 helicopters due for China assembly". Flightglobal.com (en inglés). 2015-10-30. Consultado o 2018-11-19. 
  12. "Airbus Helicopters breaks ground on first helicopter assembly line in China". Airbus Helicopters. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-11-19. 
  13. "Russia's Ural Works of Civil Aviation to start licensed production of H135s - Vertical Magazine". Vertical Magazine (en inglés). Consultado o 2018-11-19. 
  14. Editorial, Reuters. "Russia signs license agreement on producing Airbus H135 helicopters...". U.K. (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-19. 
  15. "Airbus Helicopters plans to start producing H135 helicopters in Russia in 2017". TASS (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-19. 
  16. "Helicopters give latest technologies a whirl | The Engineer The Engineer". www.theengineer.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-19.