Eufractinos
Euphractinae

Chaetophractus vellerosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Subfamilia: Euphractinae
Winge, 1923
Xéneros e Especies
  • Véxase o texto

A dos eufractinos (Euphractinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, unha das tres que constitúen a súa única familia, a dos dasipódidos,[1] que inclúe varias especies de armadillos.

Chlamyphorus truncatus disecado, no Museo de Historia Natural de Xenebra.
Zaedyus pichiy, na península Valdés.

Esta subfamilia agrupa cinco xéneros, con seis especies actuais,[2] coñecidas vulgarmente na linguaxe internacional como pichiciegos.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

A subfamilia foi descrita en 1923 polo zoólogo danés Herluf Winge, en Pattedyr-Slægter, 1: 304.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico da subfamilia, Euphractinae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, neste caso Euphractus, engadínolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

En canto ao nome do xénero tipo, Euphractus, está formado polo elemento do latín científico eu-, calco do grego antigo εύ- eú-, do adverbio εὖ , "ben" e a palabra grega φρακτός pharktós, "armado"; literalmente: "o ben armado",[4] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".

Clasificación editar

Subfamilia Euphractinae

Notas editar

  1. Dasypodidae en MSW
  2. 2,0 2,1 Euphractinae en MSW.
  3. Euphractinae. Pichiciegos na EOL.
  4. Euphractus Arquivado 28 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. en Animalia. Etymology of animal names.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar