Chaetophractus

xénero de mamíferos

Chaetophractus
Armadillos peludos

Chaetophractus vellerosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Subfamilia: Euphractinae
Xénero: Chaetophractus
Fitzinger, 1871
Especies e Subespecies
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Dasyphractus Fitzinger, 1871

Chaetophractus é un xénero de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos.

Chaetophractus villosus.

Inclúe tres especies de armadillos suramericanos,[1] coñecidos na bibliografía internacional como armadillos peludos.

Habitan en Chile, Bolivia, Paraguai e a Arxentina.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1871 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger en Sitzb. Kaiserl. Akad. Wiss., Wein, 64 (1): 268.[1]

A especie tipo era Dasypus villosus (Desmarest, 1804), hoxe clasificada como Chaetophractus villosus (Desmarest, 1804).[1]

Este xénero tamén foi coñecido como Dasyphractus Fitzinger, 1871.[1]

Etimoloxía editar

O nome do xénero, Chaetophractus, constríuno Fitzinger co elemento do latín científico chaeto-, derivado do grego antigo χαίτη chaítē, "melena", "cabelos longos", e palabra grega φρακτός pharktós, "armado",[2] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".

Literalmente: "os armados pelduos".

Especies editar

Na actualidade recoñécense dentro do xénero as tres especies seguintes:[1][3][4][5]

Porén, o NCBI non recoñece a primeira delas.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Chaetophractus en MSW. Consultada o 26-01-2016.
  2. Chaetophractus Arquivado 31 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. en Animalia. Etymology of animal names. Consultada o 26-01-2016.
  3. Chaetophractus no SIIT. Consultada o 26-01-2016.
  4. Chaetophractus na ADW. Consultada o 26-01-2016.
  5. Chaetophractus na EOL. Consultada o 26-01-2016.
  6. Chaetophractus no NCBI. Consultada o 26-01-2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar