Chaetophractus villosus

Chaetophractus villosus é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados, familia dos dasipódidos (a única da orde), e subfamilia dos eufractinos,[2] unha das tres que integran o xénero Chaetophractus.[3]

Chaetophractus villosus
Armadillo peludo grande
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Subfamilia: Euphractinae
Xénero: Chaetophractus
Especie: C. villosus
Nome binomial
Chaetophractus villosus
(Desmarest, 1804)
Distribución de Chaetophractus villosus
Distribución de Chaetophractus villosus

Distribución de Chaetophractus villosus
Sinonimia
  • Chaetophractus octocinctus (Molina, 1782)
  • Chaetophractus pilosus (Larrañaga, 1923)[2]

É un armadillo suramericano que habita no sueste de Bolivia, oeste de Paraguai e case toda a Arxentina, en gran diversidade de hábitats: selvas subantárticas, bosques tempeados, sabanas secas e húmidas, pastos subtropicais e tropicais, desertos cálidos, temperados e fríos, terra arábel, plantacións e xardíns.[1]

Distribución editar

Segundo investigacións xenéticas, arqueolóxicas e históricas, antes da década de 1930 esta especie non habitaba en Chile nin na Patagonia arxentina austral, xa que a súa área de distribución remataba na marxe norte do río Chubut. Pero a construción de estruturas humanas como estradas, oleodutos e, especialmente, pontes sobre os ríos, ademais doutras alteracións antrópicas durante máis dun século, modificaron as condicións ambientais da rexión, permitíndolle invadir áreas que naturalmente non podería ter conquistado, alcanzando así até o estreito de Magalláns, e incluso foi introducida tamén no sector norte da illa Grande da Terra do Fogo.[4]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Abba, A. M.; Poljak, S. & Superina, M. (2014): Chaetophractus villosus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Cosnsultada o 01-02-2016.
  2. 2,0 2,1 Chaetophractus villosus en MSW.
  3. Chaetophractus en MSW.
  4. Abba, Agustín M.; Sebastián Poljak, Magali Gabrielli, Pablo Teta e Ulyses F. J. Pardiñas (2014): "Armored invaders in Patagonia: Recent southward dispersion of armadillos (Cingulata, Dasypodidae)". Mastozoología Neotropical 21 (2): 311-318.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.