Ethel Voynich
Ethel Lilian Voynich, nada como Ethel Lilian Boole o 11 de maio de 1864 no condado de Cork (Irlanda) e finada o 27 de xullo de 1960 en Nova York, foi unha novelista e música que apoiou diversas causas revolucionarias. Era filla do famoso matemático George Boole e casou con Wilfrid Michael Voynich, epónimo do manuscrito Voynich.
Nome orixinal | (en) Ethel Lilian Voynich |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Ethel Lilian Boole 11 de maio de 1864 Ballintemple (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) |
Morte | 27 de xullo de 1960 (96 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Residencia | Nova York (1920–1960) Novozhivotinnoye (en) (1887–1887) San Petersburgo (1887–1889) Berlín Londres |
Actividade | |
Ocupación | escritora, prosista, tradutora, compositora, novelista, activista, sufraxista |
Período de actividade | 1897 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Wilfrid M. Voynich (1902–) |
Pais | George Boole e Mary Everest Boole |
Irmáns | Alicia Boole Stott Lucy Everest Boole Mary Boole Hinton Margaret Boole Taylor |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ethel é máis coñecida pola súa novela The Gadfly, publicada orixinalmente en xuño de 1897 nos Estados Unidos e en setembro do mesmo ano no Reino Unido, sobre as loitas do axente revolucionario Arthur Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo mesmo considerada ideoloxicamente útil e de lectura compulsoria; por razóns similares, tivo inmenso éxito na República Popular da China.[1] Na época da morte de Voynich, The Gadfly vendera preto de 2.500.000 copias só na Unión Soviética.
En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich escribiu a banda sonora. Romance, un segmento desta composición, conxuntamente con algúns outros treitos, tornouse desde entón moi popular. O tema de Gadfly de Shostakovich foi usado até mesmo pola BBC TV nos anos 1980, na miniserie Reilly: Ace of Spies.
Notas
editar- ↑ People's Daily Online, ed. (2005). "Chinese-interpreted The Gadfly" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Gadfly online Arquivado 25 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- Edición electrónica de The Gadfly, de acceso libre no Proxecto Gutenberg