Abrir o menú principal

Os estudos de área (en inglés: area studies, en alemán: Regionalwissenschaft) ocúpanse da sociedade, cultura e historia dunha determinada rexión xeográfica, e tamén do seu idioma, literatura e análise lingüística. Ademais, a política representa un aspecto importantísimo a considerar dentro destes. Caracterízanse por unha forte interdisciplina; están considerados entre os estudos culturais.

Nas universidades ofrécense numerosas carreiras en estudos de área, por exemplo: sinoloxía, nipoloxía, indoloxía, estudos europeos etc. É común que o estudo de idiomas teña un papel preponderante nas mesmas.

Débense diferenciar dos estudos de área os estudos de filoloxía, como por exemplo as letras inglesas, que se ocupan fundamentalmente dos estudos de lingua e cultura inglesa.

En xeografía humana investíganse os estudos de área no relativo á xénese e evolución das rexións.

Índice

Campos de estudoEditar

Os campos específicos de estudo varían de institución en institución, e de departamento en departamento, pero os máis usuais inclúen:

Outros campos de estudo interdisciplinarios como os estudos da muller (chamados tamén estudos de xénero) e os estudos étnicos (por exemplo os estudos sobre mestizos, afroamericanos etc...) non se consideran parte dos estudos de área, aínda que se adoitan incluír nas discusións relativas aos mesmos.

InstituciónsEditar

Existen institucións de educación superior que se adican exclusivamente a estudos de área, por exemplo a londiniense Escola de Estudos Orientais e Africanos ou a Tokyo University of Foreign Studies do Xapón. Na Universidade de Oxford, o St Antony's College especialízase en estudos de área e inclúe unha gran cantidade de centros de investigación dedicados a diferentes áreas do mundo.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar