Estreito de Singapur

O estreito de Singapur (en chinés: 新加坡海峡, Xīnjiāpō Hǎixiá; en inglés: Singapore Strait ou Straits of Singapore; en malaio: Selat Singapur), é un longo estreito mariño do sueste asiático localizado no extremo meridional da península malaia, entre a illa de Singapur, ao norte, e varias das illas do arquipélago de Riau, pertencentes a Indonesia, ao sur.

Estreito de Singapur
Singapore Strait - Selat Singapura - 星加坡海峽
Localización administrativa
Estado Indonesia
Malaisia
Singapur
DivisiónProvincias de Riau e Illas Riau (IDN)
Sultanato de Johor (MAL)
Localización xeográfica
Océano / MarMar da China Meridional (océano Índico)
ContinenteAsia
Illa/sSingapur (Norte) e Bintan, Batam e Bulan (Sur)
Xeografía
Mares contiguosEstreito de Malaca
Accidentes
EstreitosDurian e Riau
Características
Lonxitude máxima114 km (L-O)
Anchura máxima16 km (N-S)
Mapa

O estreito de Singapur (Singapore Strair, ao sur).

Localización do estreito de Singapur

Xeografía editar

O estreito de Singapur é unha vía navegable de augas profundas que conecta o sur do mar da China Meridional, ao leste, co estreito de Malaca, ao oeste, unha ruta obrigada para todo o tráfico marítimo que vincula o océano Pacífico e o océano Índico, polo que é unha zona de altísima densidade de navegación, xa que proporciona o paso ás augas profundas do porto de Singapur. Ten unha lonxitude de 105 km de leste a oeste e 16 km de norte a sur, e nel atópanse moitas pequenas illas.

A fronteira de Indonesia e Singapur atópase ao longo dos estreitos. Na súa beira norte atópase o porto de Singapur (Keppel Harbour) un dos maiores do mundo en canto a volume de carga movida anualmente. O estreito bifúrcase cara ao sur nos estreitos de Durian e Riau, que atravesan as illas Riau, de Indonesia. O estreito de Johor separa a illa de Singapur da península de Malaisia. A profundidade do estreito de Singapur define o calado máximo dos buques que pasan polo estreito de Malaca, e a clase de buques Malaccamax. O faro Horsburgh, instalado na illa Pulau Batu, serve de recalada para cando se chega desde o leste ou o norte

Delimitación da IHO editar

A máis alta autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional (International Hydrographic Organization, IHO), considera o estreito de Singapur como un dos seus mares, que forma parte do conxunto de "estreitos de Malaca e Singapur". Na súa publicación de referencia mundial, "Limits of oceans and seas" (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 46b e defíneo da forma seguinte:

No oeste.
O límite oriental do Estreito de Malaca [unha liña que une Tanjong Piai (Bulus), o extremo sur da península de Malaca (1°16'N, 103°31'E) e The Brothers (1°11.5'N, 103°21'E) e desde alí a Klein Karimoen (1°10'N, 103°23.5'E)].
No leste.
Unha liña que une Tanjong Datok, a punta sueste de Johor (1°22'N, 104°17'E) a través dos arrecifes de Horsburgh até Pulo Koko, o extremo nororiental da illa de Bintan (1°13.5'N, 104°35'E).
No norte.
A beira sur da illa de Singapur, banco de Johor e a costa sueste da península de Malaca.
No sur.
Unha liña que une Klein Karimoen con Pulo Pemping Besar (1°06.5'N, 103°47.5'E) e dende alí ao longo da costa norte das illas de Batam e Bintan até Pulo Koko.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar