Esther Benítez Eiroa

tradutora galega

Esther Benítez Eiroa, nada en Ferrol en 1937 e finada en Madrid o 12 de maio de 2001, foi unha tradutora galega.

Esther Benítez Eiroa
Nome completoEsther Benítez Eiroa
Nacemento15 de abril de 1937
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento12 de maio de 2001
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Traduciu ó castelán a numerosos autores italianos e franceses, como Calvino, Pavese, Manzoni ou Maupassant, entre outros moitos. Traduciu tamén os libros da serie El pequeño Nicolás de Sempé e Goscinny.

En 1978, foi galardoada co premio Fray Luis de León pola súa tradución de Nuestros antepasados, de Italo Calvino, e en 1992 recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor. Esther Benítez foi tamén un membro activo e combativo tanto da Asociación Colexial de Escritores de España como da súa sección de tradutores, ACE Tradutores.

En 2006, ACE Tradutores creou o premio que leva o seu nome, destinado a premiar a mellor tradución (de calquera lingua a calquera lingua de España) publicada o ano anterior á resolución. Unha das peculiaridades do premio é que o xurado está constituído por todos os membros da asociación.