Estela de Carlotto

Enriqueta Estela Barnes de Carlotto, nada en Buenos Aires o 22 de outubro de 1930, é unha activista arxentina polos dereitos humanos e presidenta da asociación Avoas de Praza de Maio.

Infotaula de personaEstela de Carlotto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Enriqueta Estela Barnes de Carlotto Editar o valor em Wikidata
22 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBuenos Aires Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , Activista polos dereitos humanos , política Editar o valor em Wikidata
Membro de
Participou en
25 de maio de 2023International endorsement letter. Barcelona leads the way (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRemo Carlotto (en) Traducir, Laura Carlotto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesIgnacio Montoya Carlotto (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX5327677
Carlotto, outras avoas e netos recuperados reunidos en 2011 coa presidenta Cristina Fernández na casa de Miguel Ángel Estrella en París
Estela de Carlotto e o seu neto durante unha entrevista co presidente ecuatoriano Rafael Correa. Palacio de Carondelet, outubro de 2014.

Unha das súas fillas, Laura Estela Carlotto, foi secuestrada e desaparecida en Bos Aires, embarazada, a finais de 1977. A partir de historias puido reconstruír que a súa filla chegou a parir e que o seu neto foi apropiado e cambiaron a súa identidade. Buscouno durante case 36 anos.[1] O 5 de agosto de 2014, despois dun control voluntario de ADN por parte do interesado, identificouse o seu neto e converteuse no número 114 na listaxe de netos recuperados.[2][3][4]

Carlotto recibiu diversos premios polo seu traballo coas Avoas de Praza de Maio, incluído o Premio de Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas e o premio Félix Houphouët-Boigny, outorgado pola UNESCO.

Traxectoria

editar

Enriqueta Estela Barnes naceu en Buenos Aires en 1930, no seo dunha familia de orixe inglesa. Casou con Guido Carlotto, un pequeno industrial, co que tivo catro fillos.[5] Foi mestra de escola primaria e ama de casa sen ningunha actividade pública.[6]

Nos anos setenta, cando a ditadura cívico-militar chamada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) gobernou o país, tres dos seus fillos participaron na política: Laura Estela, estudante de historia na Universidade Nacional de La Plata, estaba activa no peronismo, Claudia pertencía á mocidade da Universidade Peronista e Guido Miguel era membro do centro estudantil do seu instituto.[7] O 5 de agosto de 1977, as forzas armadas secuestraron e torturaron o seu marido, que foi liberado despois de pagar 40 millóns de pesos.[8]

A finais de novembro de 1977, Laura, embarazada de tres meses, foi secuestrada e levada ao centro de detención clandestino La Cacha, en La Plata[9] ata finais de agosto de 1978. Pouco antes do parto, foi levada a un lugar indeterminado sobre o que existen controversias, en que deu a luz o 26 de xuño de 1978. Algúns testemuños recollidos anteriormente revelaron que este lugar podería ser o Hospital Militar de Buenos Aires,[10][11] mais a partir da restitución da verdadeira identidade do seu fillo, hai fortes sospeitas de que o bebé puido nacer nas inmediacións de La Cacha ou nun hospital da provincia de Buenos Aires.[12]

Carlotto fixo xestións para a liberación da súa filla e ata se reuniu co xeneral Reynaldo Bignone, quen lle dixo que Laura non ía permanecer con vida.[13] En abril de 1978, unha compañeira de cativerio da súa filla, que fora liberada, informouna de que Laura aínda estaba viva e embarazada.[8] Carlotto e a súa familia sempre chamaron ao bebé Guido, porque ese era o nome que a nai lle quería poñer.[14]

En abril de 1978, Carlotto comezou a participar nas actividades das Avoas de Praza de Maio.[8] O 25 de agosto dese mesmo ano foi convocada polos militares e entregáronlle o cadáver da súa filla, a quen enterraron en La Plata dous días despois. Foi un dos poucos casos en que o corpo dunha persoa desaparecida foi devolto aos seus familiares. Carlotto xubilouse o 30 de agosto.[15]

Carlotto comezou entón a buscar o seu neto e a esixir a súa aparición e a dos outros nenos secuestrados ou desaparecidos polas forzas militares. Con esa preocupación, uniuse á asociación de Avoas de Praza de Maio, organización da que é presidenta desde 1989.[16]

Os seus fillos tamén están ligados á defensa dos dereitos humanos: Guido "Kibo" Carlotto é secretario de Dereitos Humanos da provincia de Bos Aires, Remo Carlotto é deputado nacional e Claudia Carlotto é a xefa da Comisión Nacional polo Dereito á Identidade (Conadi).[5]

En 2011 estreouse Verdades verdaderas, un filme sobre a súa vida, dirixido por Nicolás Gil Lavedra.

  1. "Estela de Carlotto recuperó a su nieto Guido tras 35 años de búsqueda". La Nación (en castelán). 5 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  2. "Ignacio Hurban, el nieto recuperado número 114, el nieto de Estela de Carlotto" (en castelán). MinutoUno.com. 6 de agosto de 2014. 
  3. "Estela: "Él me buscó y yo no quería morirme sin abrazarlo"" (en castelán). Infojus Noticias. Ministerio de Xustiza e Dereitos Humanos. 5 de agosto de 2014. 
  4. "Estela de Carlotto encontró a su nieto, Guido, tras 36 años de búsqueda" (en castelán). La Nación. 5 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2018. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Ginzberg, Victoria (21 de outubro de 2020). "Estela Carlotto cumple 90 años: "Yo salí a la calle y si me tenían que secuestrar no me importaba" | El 43 aniversario de Abuelas de Plaza de Mayo y el Día Nacional por el Derecho a la Identidad". PAGINA12 (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  6. Shapira, Valeria (26 de novembro de 2006). "A solas con Carlotto". LNR (suplemento dominical de La Nación). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  7. Mariani, Ana María (26 de xaneiro de 2003). "La identidad es un derecho" (en castelán). La Voz del Interior. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 25 de abril de 2021. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Entrevista a Estela Carlotto" (en castelán). Ayes Libros. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  9. "La Cacha" (en castelán). www.desaparecidos.org. Consultado o 28 de outubro de 2014. 
  10. Ginzberg, Victoria (21 de setembro de 2000). "Embarazadas-desaparecidas en Regimiento de Palermo" (en castelán). Página/12. 
  11. Gilbert; Vitagliano, p. 226
  12. "Se afianza la hipótesis de que el bebé de Laura Carlotto nació en La Cacha". Infojus Noticias. 14 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. 
  13. Lebon; Maier, p. 135
  14. ""Mi nieto se va a poner Ignacio Guido", contó Estela de Carlotto". La Gaceta de Tucumán. 15 de agosto de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014. 
  15. Castori, Gabriela (1999). "Entrevista a Estela Carlotto". El Mensajero (en castelán) (3). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. 
  16. Firpo, Hernán (11 de outubro de 1998). "Abuelas de acero 21 años después" (en castelán). La Nación. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2019. Consultado o 25 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Castori, Gabriela (1999). "Entrevista a Estela Carlotto". El Mensajero (3). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 10 de enxaneiro ero de 2008. 
  • Gilbert, Abel; Vitagliano, Miguel: El terror y la gloria: la vida, el fútbol y la política en la Argentina del mundial '78. Grupo Editorial Norma, 1998. ISBN 9789580445753
  • Lebon, Nathalie; Maier, Elizabeth: De lo privado a lo público: 30 años de lucha ciudadana de las mujeres en América Latina. Siglo XXI, 2006. ISBN 9789682326172

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar