Reynaldo Bignone
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Reynaldo Benito Antonio Bignone Ramayón, coñecido como Reynaldo Bignone, nado en Morón (provincia de Bos Aires) en 1928 e finado na capital federal o 7 de marzo de 2018, foi un militar que, co grao de xeneral, chegou a ser presidente ditatorial da Arxentina entre 1982 e 1983.
Reynaldo Bignone | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1928 |
Lugar de nacemento | Morón |
Falecemento | 7 de marzo de 2018 |
Lugar de falecemento | Provincia de Bos Aires |
Causa | sepse |
Nacionalidade | Arxentina |
Relixión | cristianismo |
Alma máter | Colégio Militar da Nação |
Ocupación | político e oficial |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Bignone foi nomeado líder do país despois de que o expresidente Leopoldo Galtieri deixou o poder tras a derrota da Arxentina ante o Reino Unido na Guerra das Malvinas. O seu goberno tivo curta duración: a derrota na guerra e o crecente descontentamento da poboación demostrado en manifestacións indicaban que o retorno á democracia era inevitábel. Non obstante, o xeneral Bignone tentou condicionar o retorno á democracia a un límite nas investigacións de violacións de dereitos humanos durante o réxime militar de 1976 a 1983 e a chamada "Guerra Sucia". Esta proposta foi rexeitada polos partidos políticos arxentinos, e a investigación e xuízo dos militares comezou no goberno de Raúl Alfonsín, xa en 1983.
En 1999, despois de reaberto o xuízo de casos de apropiación ilegal de fillos de prisioneiros políticos, Bignone foi novamente enviado a xuízo. En marzo de 2007 foi preso e posto baixo custodia nunha base militar fóra de Buenos Aires como parte da investigación sobre abusos contra os dereitos humanos.
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Leopoldo Galtieri |
Reynaldo Bignone | Precede a: Raúl Alfonsín |
sen partido (militar) |