Estados Unidos de Colombia

antigo estado de América do Sur

Estados Unidos de Colombia foi un estado federal que abranguía o territorio das actuais repúblicas de Colombia e Panamá na súa totalidade e porcións do Brasil e do Perú. Sucedeu á Confederación Granadina en 1861 —acción que foi confirmada coa constitución de 1863— dotando o país dun sistema político federalista e liberal que iniciou as dúas décadas coñecidas como a era do Olimpo Radical.[1]

Mapa dos Estados Unidos de Colombia.

O país foi oficialmente chamado Estados Unidos de Colombia o 3 de febreiro de 1863 pola Constitución de Rionegro, a cal foi promulgada o 8 de maio polos liberais radicais quen acabaran de gañar a guerra civil de 1860 a 1862. Esta república foi creada polos liberais radicais, baseándose nos modelos constitucionais europeos, sen tomar en conta as diferenzas entre un sistema capitalista, e un sistema que recentemente saía dunha economía feudal.

A Constitución nacional favorecía os grandes comerciantes liberais, posto que permítia unha liberalización da economía e impedía un control desta por parte do estado, permitindo un completo desenvolvemento destes sectores, impedindo a unificación da economía nacional.

Despois de varios anos de guerras civís, en 1886 o partido conservador, liderado por Rafael Núñez, gañou a guerra e proclamou unha nova constitución de carácter centralista que aboliu os Estados Unidos de Colombia e creou a República de Colombia.

Notas editar

  1. "Etapas y sentido de la historia de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2018.