Rafael Núñez

Rafael Wenceslao Núñez Moledo, nado en Cartaxena de Indias o 28 de setembro de 1825, e finado ibídem o 18 de setembro de 1894, foi un político e escritor colombiano que ocupou en varias ocasións o cargo de presidente de Colombia. Liderou a Rexeneración, coa cal rematou o réxime federal dos Estados Unidos de Colombia, promulgou a Constitución de Colombia de 1886 e foi o autor da letra do himno nacional de Colombia, adoptado oficialmente en 1920.

Rafael Núñez
Rafael Núñez, ca.1885.jpg
Nome completoRafael Wenceslao Núñez Moledo
Nacemento28 de setembro de 1825
Lugar de nacementoCartaxena de Indias
Falecemento18 de setembro de 1894
Lugar de falecementoCartaxena de Indias
CausaIctus
NacionalidadeColombia
Alma máterUniversidade de Cartagena
Ocupaciónpolítico, escritor, avogado, xornalista, xuíz e diplomático
CónxuxeSoledad Román de Núñez
Na rede
Musicbrainz: 05d4a8b8-81ec-435b-a161-1da79dbecaf6 IMSLP: Category:Núñez,_Rafael Find a Grave: 51893549 Editar o valor em Wikidata
Rafael Nunez signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Rafael Núñez naceu en Cartaxena de Indias o 28 de setembro de 1825, foi o primeiro dos tres fillos de Dolores Moledo García e do coronel Francisco Núñez García, quen eran curmáns irmáns e contraeran matrimonio o 6 de outubro de 1824.[1][2] Ós 15 anos, foi aceptado polo xeneral Francisco Carmona nas tropas rebeldes para loitar na guerra dos Supremos.[3] Con 18 anos, viaxou co seu pai a Tumaco, onde permaneceu durante algúns meses traballando.[4] Estudou na Universidade de Cartaxena, na que se graduara como bacharel licenciado en 1843.[5] Acabado de graduar, iniciouse no xornalismo e fundou o xornal La Democracia na súa cidade natal.

Contraeu matrimonio 2 veces. Primeiro casou en Panamá con Dolores Gallego o 25 de febreiro de 1851, con quen tivo dous fillos e separáronse o 10 de marzo de 1871; a súa segunda cónxuxe foi a cartaxenera Soledad Román con quen contraeu matrimonio civil o 14 de xullo de 1877 en París  e que ratificou mediante o matrimonio católico o 23 de febreiro de 1889.[6][7]

NotasEditar

  1. "Rafael Núñez Moledo". Presidencia de la República. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  2. Restrepo Lince, Pastor. Genealogías de Cartagena de Indias. Instituto Colombiano de Cultura Hispánica. Editorial ABC. ISBN 958-900-426-1. 
  3. "Biografía Rafael Núñez". Biografías y vidas. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  4. Castillo Mathieu, Nicolás del. Biografía de Rafael Nuñez. Bogotá: Editorial Iqueima. 
  5. "Presencia y espíritu de Rafael Núñez". Universidad de Cartagena. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  6. "Soledad Román de Núñez". Biblioteca Virtual del Banco de la República. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  7. "Rafael Wenceslao Núñez Moledo" (PDF). Universidad Autónoma del Caribe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xullo de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.