Estadio Municipal de Wrocław

O Estadio Municipal de Wrocław (en polaco: Stadion Miejski we Wrocławiu) é un estadio de fútbol situado na cidade de Wrocław, ao oeste de Polonia. É o estadio que usa como local o Śląsk Wrocław. Comezado a construír en 2009 e inaugurado dous anos despois, conta con capacidade para 42.771 espectadores. O exterior do estadio está cuberto por unha malla de fibra de vidro revestida de teflón sustentadas por aneis de aceiro. As cores da fachada poden ser alterados con sistema de alumeamento.

Stadion Miejski we Wrocławiu

Polonia Estadio Municipal de Wrocław

Tipoestadio de fútbol Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°08′28″N 16°56′37″L / 51.1411, 16.9436
EstadoPolonia
VoivodatosBaixa Silesia
Cidade con dereitosWrocław Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónWrocław, Polonia
Datas
Fundación2011 Editar o valor en Wikidata
Inauguración10 de setembro de 2011
Acontecementos
Dimensións
Capacidade42.771
Tipo superficieCéspede
Persoas e organizacións
Propietario/aCidade de Wrocław
Arquitecto/aJSK Architekci
Operador/aSMG (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupanteEurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 e Wojskowy Klub Sportowy "Śląsk" Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LocalíaŚląsk Wrocław
Contacto
Páxina WEBstadionwroclaw.pl Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

Foi inaugurado en 10 de setembro de 2011 coa loita polo título mundial de boxeo dos pesos pesados (Consello Mundial de Boxeo, WBC) entre Vitali Klitschko e Tomasz Adamek. O primeiro encontro de fútbol foi un mes despois, o 10 de outubro entre Śląsk Wrocław e o Lechia Gdańsk. O partido terminou con vitoria para os locais por 1 a 0, sendo o neerlandés Johan Voskamp o primeiro en marcar no novo estadio.

Eurocopa 2012

editar

Partidos

editar

O Estadio Municipal de Wrocław albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
8 de xuño Primeira rolda Rusia  
4 - 1
  República Checa
40.803
12 de xuño Primeira rolda Grecia  
1 - 2
  República Checa
41.105
16 de xuño Primeira rolda República Checa  
1 - 0
  Polonia
41.480

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar