Estación de Platja de Castelldefels

Coordenadas: 41°16′01″N 1°57′26″L / 41.26695, 1.9571138888889

Platja de Castelldefels é unha estación de ferrocarril localizada na cidade de Castelldefels, na provincia de Barcelona. A estación está na liña Barcelona-Vilanova-Valls e forma parte da liña R2 Sud de Proximidades Barcelona.

Platja de Castelldefels
SituaciónCastelldefels (Barcelona)
Liñas
Cercanías

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 656,61 da liña férrea de ancho convencional que une Madrid con Barcelona a 8 metros de altitude. O tramo é de vía dobre e está electrificado.

Historia editar

Aínda que o tramo de vía que cruza pola estación foi aberto ao tráfico o 29 de decembro de 1881 coa apertura do tramo Barcelona-Vilanova i la Geltrú da liña férrea que buscaba unir Barcelona con Picamoixons-Valls,[1] non se dispuxo de ningunha parada na zona de praia sen que quede constancia da data exacta da apertura do apeadoiro.

O 23 de xuño do 2010, 12 persoas resultaron falecidas e outras 14 feridas nun grave accidente ocorrido na estación cando un grupo de persoas foron arroiadas por un tren de Longa Distancia sen parada no apeadoiro ao cruzar as vías a nivel.[2]

Servizos ferroviarios editar

Rodalies Barcelona editar

Os trens de proximidade da liña R2 Sud de Proximidades Barcelona operada por Renfe son os únicos en deterse na estación. Ao non ser parada obrigatoria algunhas relacións van directamente a Sitges ou a Castelldefels.

Orixe/destino < estación Liña estación > destino/orixe
Sant Vicenç de Calders
Vilanova i la Geltrú
Garraf
Sitges
  Castelldefels Barcelona-Estació de França

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar